ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xuño, 2011

els violents!

Posted: Venres, Xuño 17th, 2011 @ 10:18 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en els violents!

Primeiro, vexan este documento en imaxes: [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/eRaHKmDXFL4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]  E agora díganme: quen son os violentos? a) os mataos que foron montar bulla violenta b) os “indignados”, por extensión c) os “indignados”, que violentamente pola forza da maioría arrecantan os mataos violentos d) a policía, que en lugar de protexer os “indignados”…vai […]

a manipulación e censura de LVG na segunda quincena de maio

Posted: Xoves, Xuño 16th, 2011 @ 10:21 a.m. in manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia | Comentarios desactivados en a manipulación e censura de LVG na segunda quincena de maio

A densidade deste mes de maio aconsellaba fraccionar en dúas a anotación que veño facendo mensualmente sobre a censura de LVG. Vai, logo, a segunda parte Comezabamos a segunda quincena con este contraste que deixa a LVG como simples voceira propagandística da Xunta:  lese en Xornal (El calendario escolar de la Xunta no termina de convencer. El […]

retrato do mes de maio, na censura de La Voz de Galicia (1)

Posted: Mércores, Xuño 15th, 2011 @ 11:01 a.m. in manipualción informativa, NOTICIAS CENSURADAS EN la voz de galicia, Sen clasificar | Comentarios desactivados en retrato do mes de maio, na censura de La Voz de Galicia (1)

Comezabamos o mes a falar dos dependentes, ben…agás LVG o normal é que o resto da prensa recollera o tema, tema ligado  á maquillaxe das listaxes de espera no Sergas, máis tarde habían chegar outras maquillaxes como a do desemprego. A que vén tanta maquillaxe? Home, será que goberna o “pijos”… Ben, no mesmo día […]

temor por recurtamentos en Educación/ Clubs de Lectura

Posted: Martes, Xuño 14th, 2011 @ 12:00 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en temor por recurtamentos en Educación/ Clubs de Lectura

Otro dos temas que debatemos na festa posterior á entrega dos Xerais 2011 foi a “desinstalación”, por utilizar un eufemismo, que está sufrindo a Educación na Galiza, da man do Incompetente Xesús Vázquez Abad, o peor conselleiro de Educación que padeceu Galiza nunca ( e non é que nivel fora moi alto que digamos…). Quero […]

crónica de San Simón, Xerais 2011

Posted: Domingo, Xuño 12th, 2011 @ 2:08 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | 1 Comment »

A estas horas, xa todos saberán que os premiados resultaron ser Anxo Fariña, Héctor Carré e Xabier Queipo. Mais sigan lendo, sigan lendo. Como mantedora literaria actuou María Xosé Quizán, quen leu un precioso discurso reivindicando, poñendo en valor o protagonismo feminino na escrita. Era de agardar,  a ninguén sorprendeu, creo, sendo María Xosé Queizán […]

forma e fondo, meditacións antes de San Simón

Posted: Sábado, Xuño 11th, 2011 @ 12:09 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en forma e fondo, meditacións antes de San Simón

Son moitos máis dos que deberan os narradores que cren que o único importante é a historia que se conta, quedando nun segundo plano a forma ou mesmo desaparecendo este segundo requisito. Resulta importante salientar que que tal sucede fundamentalmente na narrativa, non tanto nos demais xéneros. E curioso observar como isto sucede xusto cando […]

sonigramas

Posted: Xoves, Xuño 9th, 2011 @ 5:01 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CARA ADIANTE | Comentarios desactivados en sonigramas

É outra desas iniciativas xeinais do Diario Cultural. E moi simple, tan simple como interesante. Trátase de,  apartir dun sons escribir a historia que imaxinemos lles corresponde. Cun límite de 365 palabras. O cal significa que está na fronteira entre os contos moi curtos e os ultracurtos, unha fronteira ( inestábel e diferente dun país […]

Organoloxía

Posted: Mércores, Xuño 8th, 2011 @ 10:57 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Organoloxía

Quero comezar dicíndolles que esta novela de Eva Moreda, tendo un discurso cunha compoñente sexual moi clara, non marca aí a súa fronteira. Os seus límites non están no sexo senón moito máis alá. Non se trata dun discurso típico e tópico dos que se adoitan atopar no xénero narrativo de máis rombos. E que, […]

“indignados”: contra os Amos do Mundo, a St. Moritz?

Posted: Martes, Xuño 7th, 2011 @ 11:10 a.m. in CARA ADIANTE, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en “indignados”: contra os Amos do Mundo, a St. Moritz?

O Movemento “indignado” comezou hai menos dun mes. Desde hai menos de trinta días, a sociedade conta cun inagardado plus de esperanza. Esperanza na rexeneración dunha democracia que está sendo estrangulada pole devoradora ferocidade dun capitalismo quizá na crise definitiva. Son moitas as respostas que o 15M DRX non deu aínda, case tantas como esperanzas […]

Organoloxía: xenial

Posted: Luns, Xuño 6th, 2011 @ 5:25 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Organoloxía: xenial

Para os polvos románticos, Monteverdi. Para os transcendentais, Bartók. Para os intrascendentes, Mozart. E, para calquera tipo de polvo Messiaen, quen, aínda que católicoa severo e intransixente con desvaríos eróticos (propios ou alleos) fóra do matrimonio, foi quen de compoñer a máis fermosa loa ao amor físico desde Tristán e Isolda: a Sinfonía Turganlila. Así […]