ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xullo, 2011

remate da lectura de Lume de cobiza

Posted: Sábado, Xullo 30th, 2011 @ 11:35 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en remate da lectura de Lume de cobiza

Unha das cousas que máis me gustaron de Un nicho para Marilyn foi precisamente o tratamento dos ambientes, da atmosfera na que se vivía as diferentes secuencias, tanto que aínda teño o seu cheiro apegado. E é, precisamente, o aspecto máis frouxo de Lume de cobiza, novela na que a estratexia de Miguel Anxo Fernández […]

segunda sesión de lectura de Lume de cobiza/na toalla

Posted: Xoves, Xullo 28th, 2011 @ 2:41 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en segunda sesión de lectura de Lume de cobiza/na toalla

Da segunda sesión de lectrura de Lume de cobiza tirei conclusións non tan positivas coma da primeira. Por tres razóns. A primeira é polo Palacio del Carmen. Alá polo capítlulo 11, despois de confesarnos Frank Soutelo como unha muller policía lle salvou a vida ( e non fagamos contas, non queiramos preguntarnos se sería frecuente […]

taparratá mariamanoela e o moleskine

Posted: Mércores, Xullo 27th, 2011 @ 1:00 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en taparratá mariamanoela e o moleskine

Había tempo que non escoitaba/lía esta expresión,  que noutrora dicía tantras veces a miña avoa. Agora, é nos labios de tinta negra sobre papel branco, nos labios da tía Castora, nonaxenaria parenta de Frank Soutelo, muller muradá, que exerce de referente do clan Soutelo nesta nova entrega dos casos do detective creado por Miguelanxo Fernández. […]

despois do Día da Patria de 2011

Posted: Martes, Xullo 26th, 2011 @ 3:11 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en despois do Día da Patria de 2011

25 de xullo de 2011, Día da Patria celebrado en Compostela, reinando na cidade do Apóstolo as hostes ultradereitistas de Cierra España e imperiando na Galiza, outro ano máis Feixó I o Atrasador e Antigalego, é tamén o primeiro ano que se celebra sen A Nosa Terra. Máis nada foi chegar, baixar do auto e […]

onte, na Casa Grande do Bachao

Posted: Sábado, Xullo 23rd, 2011 @ 11:46 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en onte, na Casa Grande do Bachao

Reuniuse unha representación ben xeitosa de xente comprometida coa literatura galega e coa cultura galega en xeral.Alí fomos convocados, por Biblos e Pazos de Galicia, para, na entrega do Premio correspondente a este ano, celebrar que literatura galega segue a nutrirse de novos valores, que a canteira segue dando froitos.. Hanme perdoar mais non lembro, […]

matinacións temporais

Posted: Xoves, Xullo 21st, 2011 @ 9:07 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en matinacións temporais

As témporas xa anunciaron este verán podre, e seguirá así ata pasar mediados do mes que vén, porque o terceiro día das témporas si anunciou bon tempo. E, paradoxalmente, isto non habilitou máis tempo de lectura do que veño tendo, mais aínda non cheguei ao daquela bañista que se queixaba do tempo en función da […]

explicación da soidade d´A derradeira campaña do capitán Samuel

Posted: Martes, Xullo 19th, 2011 @ 8:49 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Xa comentei nesta Ferradura as miñas andainas, por Noia e Muros, na procura de lecturas. Este é un capítulo máis. Xa comentei nesta Ferradura preliminares dalgún dos títulos que merquei na Sementeira de Muros. Hoxe vai outro, moi ao meu pesar. Moi ao meu  pesar porque A derradeira campaña do capitán Samuel ( Mario Franco […]

diante dos recurtamentos en educación….

Posted: Luns, Xullo 18th, 2011 @ 5:06 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en diante dos recurtamentos en educación….

Hai días, este mes, que estou desconectado da actualidade, só o correo me pon ao día. Precisamente por esa vá recibo información na que se me comunica que os profesores madrileños están  a se organizar para loita polos seus dereitos e postos de traballo, vamos contra a excelencia educativa do PP. Ignoro se aquí se […]

A revolucións dos camaleóns e as solidariedades lectoras

Posted: Domingo, Xullo 17th, 2011 @ 9:02 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en A revolucións dos camaleóns e as solidariedades lectoras

Non lembro ter intención de mercalo, mais apareceu alí, entre medias dous outros que si, conscientemente, elixira. Trátase dun ensaio, a medio camiño entre a  vivencia persoal e a análise histórica, de Eddy E. Jiménez, que, con limiar de Gustavo Luca de Tena, sacaron en Corsárias, neste 2011. Copio un parágrafo do limiar Gustavo Luca […]

50 anos de contos cubanos de ciencia ficción. Crónicas do mañá

Posted: Sábado, Xullo 16th, 2011 @ 7:03 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción. Crónicas do mañá

A narrativa de ciencia ficción ou ficción científica sempre me tivo particular interese ( aínda que,a verdade, non hai manifesación literaria que me aborreza ou non sea atraente), hai que dicilo. E, por certo, estas liñas escríboas porque na excursión de hoxe a Muros, si tiven éxito e  atopei libros interesantes aos que teño moi […]