ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

50 anos de contos cubanos de ciencia ficción. Crónicas do mañá

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 16 Xullo 2011 @ 7:03 p.m.

A narrativa de ciencia ficción ou ficción científica sempre me tivo particular interese ( aínda que,a verdade, non hai manifesación literaria que me aborreza ou non sea atraente), hai que dicilo.

E, por certo, estas liñas escríboas porque na excursión de hoxe a Muros, si tiven éxito e  atopei libros interesantes aos que teño moi difícil acceso desde a vila do interior onde transcorren os meus días, case mellor as miñas noites.

Hoxe vou falar dun deles, dun dos da compra, estas Crónicas do mañá antologadas por José Manuel Sánchez (Yoss) e traducidas por Rodrigo Vizcaíno Bravo e Tomás González Ahola para a editorial Urco.

E direi en primeiro lugar que a xente de Urco está facendo un importantísimo labor, un importantísimo labor do que as Crónicas do mañá testemuñan un perfecto ejemplo. Porque se a ciencia ficción ou ficción científica me interesa moito, cando esta é cubana a crcéntase o interese. Porque sempre asociado á ficción científica ou ciencia ficción vai aparellada a xeografía de expresión anglófila, constituídose isto xa nun tópico que, coma tantos outros é radicalmente falso.

Máis motivos hai, claro, por exemplo, ver como os  autores foxen do escapismo asociado a esta narrativa. Interésame máis isto que o control exercido polo poder, un control que, como na URS, condicionou a súa evolución. Porque, hoxe, tildala de escapista é unha broma de mal gusto, escpismopode habelo en calquera manifestación literaria, en calquera..

1959-2009, cincuenta anos de ficción científica cubana, desde autores que escribiron pouco e en publicacióm marxinais mais que tiveron eco no presente  no futuro, a, por exemplo o ciberpunk.

O que menos me gusta é o título, moi xusto mais demasiado plano e neutro, pouco atraente de non ser polo subtítulo “Cincuenta nos de contos cubanos de ciencia ficción”. E que o limiar, as palabras preliminares do antoloogador non estean minimamente adaptadas á tradución, nótase demasiado que pertencen a outro traballo.

( para remate, o mesmo interese que a min me ten a narrativa de ficción científica cubana é válido para outras culturas…porén cantas disponen desta tradución?)

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.