ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

A revolucións dos camaleóns e as solidariedades lectoras

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 17 Xullo 2011 @ 9:02 p.m.

Non lembro ter intención de mercalo, mais apareceu alí, entre medias dous outros que si, conscientemente, elixira. Trátase dun ensaio, a medio camiño entre a  vivencia persoal e a análise histórica, de Eddy E. Jiménez, que, con limiar de Gustavo Luca de Tena, sacaron en Corsárias, neste 2011.

Copio un parágrafo do limiar Gustavo Luca de Tena:

Lendo A revolución dos camaleóns comprendemos porque hoxe a alternativa democrática hoxe chega de sociedades que están, como a Cubana, empeñadas na batalla directa co imperialismo norteamericano mentres unha parte da esquerda da UE recomenda algún sacrificio máis para tranquilizar ao capital.

Non cómpre máis para exemplificar a necesidade de lecturas como esta hoxe, nestes días/anos de caos obrigatorio ditado polas esixencias do capital que, con todo o descaro do mundo, cando lle convén, crea crises para perpetuarse como único modelo de vida.

Só bendicir as solidariedades lectoras, pois veu aparecer entre outras lecturas miñas, escollidas por min.Poderíaselle chamar casualidade, eu prefiro pensar en solidariedade lectora e na intelixencia das cousas. Para meteduras de pata e decisións nefandas…abonda con abrir calquera xornal e ver/ler con canta fachenda os seres intelixentes esvaran….

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.