ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

diante dos recurtamentos en educación….

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 18 Xullo 2011 @ 5:06 p.m.

Hai días, este mes, que estou desconectado da actualidade, só o correo me pon ao día.

Precisamente por esa vá recibo información na que se me comunica que os profesores madrileños están  a se organizar para loita polos seus dereitos e postos de traballo, vamos contra a excelencia educativa do PP. Ignoro se aquí se anunciaron xa máis recurtamentos en Educación,a última que teño era unha noticia na cal aparecía o Incompetente Xesús Vázquez Abade dicindo precisamente que non os ía haber…Exa se sabe, con desmentidos así, o que hai é que entender xusto o contrario.

Propoñen os profesores madrileños encerrarse, indefinidamente, nos centros educativos, falamos de secundaria, seguindo o exemplo do 15 M. Non están en disposición de sufrir máis decontos facendo folgas. Quedarán nos centros, organizarán debates, impartirán clase, elaborarán pancartas reivindicativas, pendurarán siluetas de cartón (unha por cada profesor necesario e que xa non hai). A partir do 1 de setembro. Pedirán a solidarfiedade de pais e alumnos. Concienciarán a sociedade do  que representa a excelencia educativa do PP: trabllo en peores condicións, e menos postos de traballo. Convocarán cláustros extraodinarios e levarán o conflito ás aulas.

Isto é o que leo no correo, reenviado, do profesor madrileño.

Engado eu: Canto é o resentimento da dereita e extremadereita contra a Educación, que nada máis chegar ao poder o primeiro que fai é esforzarse en anular un dereito constitucional e universal???!!!!! E a xente segue votando por estes energúmenos sen darse conta do que fai!

Veña, a organizarse, ir poñendo as barbas a remollo!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.