ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

explicación da soidade d´A derradeira campaña do capitán Samuel

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 19 Xullo 2011 @ 8:49 p.m.

Xa comentei nesta Ferradura as miñas andainas, por Noia e Muros, na procura de lecturas. Este é un capítulo máis.

Xa comentei nesta Ferradura preliminares dalgún dos títulos que merquei na Sementeira de Muros. Hoxe vai outro, moi ao meu pesar.

Moi ao meu  pesar porque A derradeira campaña do capitán Samuel ( Mario Franco Rodríguez, Toxosoutos, vencedor do Avilés de Taramancos 2007) debía estar acompañado por outro título, o vencedor da presente edición. Non pode ser, moi ao meu pesar.

Este tipo de lecturas lembran moito as pulp. Tanto pola extensión commo polos recursos a que esta obriga. Longa é a traxectoria de tentativas na cultura galega. Sen ter que remontar a iso de que a primeira novela de don Álvaro Cunqueiro seica foi unha perdida novela do oeste, sen querer chegar aos eforzos de coleccións como Cétiga etc, abondando con simplemente mentar A morte de Frank González, ou os Relatos para ler nunha hora… a consecución dun formato de novela popular é unha arela que non deixa de estar aí. E o traballo da xente da Casa da Gramática ( organizadores,co apoio do Concello de Noia) ten especial significación nesta tarefa.

Aínda máis esta de Mario Franco, que polo que xa lin, parte da proximidade do realismo, fronte ao exotismo das pulp.

O conto é que a señora que atende a Sementeira de Muros, visto que nono tiñan aínda, díxome que mo pedía para o martes, para hoxe. E alá fun. Aparquei, como puiden, nun recuncho do porto, por certo ben afastado. Alá fun, como había moita parroquia agardei. Na miña quenda lembreille o do Avilés que me dixera que estaría para hoxe.

-Esqueceume completamente.

E ben, xa saben porque este crítico non pode facer crítica do último Avilés de Taramancos.

Vender libros non é vender bragas. Aínda que, a bon seguro, calquera vendedor de bragas trata mellor os clientes, sobre todo se saben que eses clientes che fan negocio nun día o que outros nun ano. Por non falar Boutros que lles teño levado,aínda que abondo sei que a coordinación entre Sementeira e Toxosoutos ( editora fundada por don Xosé Agrelo Hermo, esteirán distinguido) é daquela maneira…

1 comentario

  1. Deusa campesiña | ferradura en tránsito:

    […] ( Por certo, na ligazón, na revista de Toxosoutos, di: «Pregúntalle ao teu libreiro». Iso sempre é un bon consello. Se non che pasa como a min me pasou) […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.