ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

matinacións temporais

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA — 21 Xullo 2011 @ 9:07 p.m.

As témporas xa anunciaron este verán podre, e seguirá así ata pasar mediados do mes que vén, porque o terceiro día das témporas si anunciou bon tempo. E, paradoxalmente, isto non habilitou máis tempo de lectura do que veño tendo, mais aínda non cheguei ao daquela bañista que se queixaba do tempo en función da cantidade de novelas que levaba lidas.

Precisamente, en canto remate de escribir estas liñas darei cabo  de A derradeira campaña do capitán Samuel (Mario Franco, Toxosoutos), unha novela breve, ben breve, e realista, que, no apartado positivo sabe manter a tensión, unha tensión que non é outra que a do día a día nun barco bacallaeiro que, en lugar de Terranova, faenará nas Svalbard. O que me levou a reflexionar estes días sobre o realismo, outra volta pois véxanse os títulos que levo lido no último mes. Malia o cal non se me provovou este aluvión.

É claro que, na miña opinión, o xénero realista non é o predilecto na narrativa de ficción, malia ser o máis próximo  e o que mellor te pode meter na historia. Opera na mente do lector a oposición realidade/ficción, cando selecciona títulos, a tal extremo? As condicionantes sociais, o tipo de sociedade que se vive, canto influén nestas decisións? Confeso que a partir de aí se me deu por tratar de confrontar os diferentes tipos de sociedade europea a norteamericana e as despostas do lectorado nas súas escollas. E no índice de ocurrencias do xénero realista nas tentativas de lograr unha novela galega e popular.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.