ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

onte, na Casa Grande do Bachao

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 23 Xullo 2011 @ 11:46 a.m.

Reuniuse unha representación ben xeitosa de xente comprometida coa literatura galega e coa cultura galega en xeral.Alí fomos convocados, por Biblos e Pazos de Galicia, para, na entrega do Premio correspondente a este ano, celebrar que literatura galega segue a nutrirse de novos valores, que a canteira segue dando froitos..

Hanme perdoar mais non lembro, neste intre, o nome, o nome si mais o apelido nom, da gañadora, pois desde onde eu estaba pouco se escoltaba. O que si lembro é que se lle entregou un recoñecento a Victor Manuel Vázquez Portomeñe pola intevención deicisiva no parto do Camiño de Santiago, un símbolo cultural da Galiza.

Hanme disimular tamén se non lles conto polo miúdo sobre a xente que alí atopei, sendo dos primeiros en chegar e ser recibidi por Tucho Calvo. Esqueceríanme moitos, e non son o motivo central destas liñas as xentes, senón algunhas das conversas que se mantiveron.

Precisamente, xa que vimos de falar do Camiño, unha delas tivo como protagonista o Cödice Calixtino, a propósito do cal se comentou que ao  mellor nin sequera desapareceu senón que aluguén o agacho una teima de demostrar a escsa seguranza dos bens culturais que a Igrexa custodia, este acto tería que ver co loitas internas sucesión do Deán e non se descarta que apareza próximamente o códice desaparecido ( moito de se insistiu no 25 de xullo como data).

Asistín tamén a outra conversa sobre viño, concretamente sobre o viño do Ribeiro. O Ribeiro, onde hai os mellares viticulotres do mundo e os peores viñateiros, coñecen en persoa cada uha das vides mais estrgan o viño por diferentes razóns. Mentouse como a escasa navegabilidade do Miño provocou que os ingleses se decidiran polo Porto en lugar do Ribeiro e como hoxe hai xente no Ribeiro apostando polo viño. Xosé Lois, o Carrabouxo, contornos unha preciosa lenda sobre “A Rosa do Viño”

O que deu lugar a comentar tamén arredor do patrimonio e como a xente o escarilla porque xa entre nós existe unha cultura onde o patrimonio se fai con el o que se queira.Para proba alí está a Casa Grande do Bachao, sita nun enclave precioso, protexida do norte a aberta ao sol, rodeada por unha inmensidade de eucaliptos, que seica un avogado compostelán remudou polos carballos que antes había. Enfin, non todos  os burros pacen e andan a catro patas e hai quen pensa que o se usó seu, cando a única propiedade inalienable, infortunadamente, é a burramia.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.