ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

despois do Día da Patria de 2011

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 26 Xullo 2011 @ 3:11 p.m.

25 de xullo de 2011, Día da Patria celebrado en Compostela, reinando na cidade do Apóstolo as hostes ultradereitistas de Cierra España e imperiando na Galiza, outro ano máis Feixó I o Atrasador e Antigalego, é tamén o primeiro ano que se celebra sen A Nosa Terra.

Máis nada foi chegar, baixar do auto e comprobar como os ppetimetres do PP impediran  a celebración dun concerto. Até vai haber que reclamar o non voto ao PP porque son unha panda de aburridos!

O día fora pintando e despintando de chumbo un ceo ameazador.Paseamos, non sintantes prvios á manifestación, eu sempre busco enchouparme do ambiente creado polas xentes que viven a idea de que Galiza pode ser outra cousa, da xente que cre na Galiza, porque é demasiado pequeño, demasiado vil e inhumano, andar por entre a xente preocupado unicamente por  ti e polo teu peto e o que poidas facer simplemente por pasar o tempo. E creo que o 25 de xullo xuntámonos os que soubemos ver e crer, ver o camiño que os nosos ancestros foron tecendo ( consciente ou inconscientemente) e non o desprezamos senón que nos recoñecemos nel e desde el nos proxectamos cara ao futuro. Hai moitos días no ano para ir á praia. Hai moitos días no ano para facer camiñadas polo monte, para xogar tenis, fúbol, cilclismo, alternar na terraza de moda, churrascar un costelar cos colegas, durmir a sesta ou…

Dexei que toda a manifestación pasara diante dos meus ollos. Fun recoñecendo xente, a outros non os coñecía mais camiñaban ao meu lado e en tendo semellantes as feridas, como un irmau che falo. E foise enchendo o meu corazón. Fun cargando pilas, que se di vulgarmente. Que nova nos terá reservada Feixó para tratar de amargarnos a festa?. Relembrei  o meu primeiro Día da Patria, aló polo 1978. Como a poli nos acorralara n´A Charra, alguén berrara pedindo a ETA máis metralleta, seica era por iso que nos acorralaron. Lembrei aqueles anos de esperanza, da forza que dá a esperanza.

Despois de xantar, coma sempre co Alfonso, a Rosa e a súa irmá, baixamos cara o Campus. Alí atopei a Marga do Val e díxoo ben claro: isto parece 1976. Si, certamente, parece 1976 porque de novo temos que volver loitar pola lingua, pola cultura, por podermos ser en galego. Iso si, imos vellos, hoxe hai outra xente moza. Despois atopei tamén a xente de Redelibros, xente nova que vai furando, que vai abrindo un oco cada día máis grande…e sen teito. Pensei tamén na  xente de Sermos Galiza.  Está claro que nos temos que reorganizar. E non rexeitar ningunha, ningunha fórmula senón facer porque todas poidas e saiban convivir. Quizá hoxe algunha non sexa a máis axeitada ou teña menos éxito, mais pode ser a que nos salve mañá. E por moi cansos que nos sintamos, estaremos mortos se non sabemos apoiar a quen vén con forza. E estar morto seica é moi triste.

Así que…que Feixó e a panda de atrasadores vaian tomando nota porque aínda temos moito que cantar, sabémolo e non imos deixar que eurovisión nos abandeire

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.