ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

taparratá mariamanoela e o moleskine

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 27 Xullo 2011 @ 1:00 p.m.

Había tempo que non escoitaba/lía esta expresión,  que noutrora dicía tantras veces a miña avoa. Agora, é nos labios de tinta negra sobre papel branco, nos labios da tía Castora, nonaxenaria parenta de Frank Soutelo, muller muradá, que exerce de referente do clan Soutelo nesta nova entrega dos casos do detective creado por Miguelanxo Fernández. É unha das miñas compras no Día da Patria.

Celebro cada nova achega da saga Frank Soutelo coma unha festa. Por certo alguén debería facer un traballo sobre a expresividade “negra” de Miguel Anxo Fernández, Falo desa expresividade tan típica dos narradores das historias de detectives, a medio camiño entre a amargura de estar de volta de todo e a melancolía, entre a fondura de pensamento e o cotián máis superficial…Escribo de memoria, mais teño para min que Miguel Anxo Fernández non se repite, que a súa fraseoloxía resulta orixinal en cada entrega. Penso que, sen dúbida, ninguén contribuiu máis á creación/adapatación deste tipo de linguaxe entre nós. Máis que a saga, tamén, de Nivardo Castro, na miña opinión.

Non resistín encetar a lectura de Lume de cobiza, e xa lle ando polas medias. Alterno Despois de medianoite (Salma, Xerais) e esta de Miguel Anxo Fernández (Galaxia). Na que Frank Soutelo vén vacacionear/desconectar na Galiza, Iso si,co seu moleskine. Confeso que xa me enfada iso do moleskine. A ver, que tiñan de malo as libretas de toda a vida?

Para rematar, este tipo de lecturas son moi recomendábeis no ensino, precisamente polo traballo sobre a fraseoloxía, alén doutros valores…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.