ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

segunda sesión de lectura de Lume de cobiza/na toalla

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 28 Xullo 2011 @ 2:41 p.m.

Da segunda sesión de lectrura de Lume de cobiza tirei conclusións non tan positivas coma da primeira. Por tres razóns.

A primeira é polo Palacio del Carmen. Alá polo capítlulo 11, despois de confesarnos Frank Soutelo como unha muller policía lle salvou a vida ( e non fagamos contas, non queiramos preguntarnos se sería frecuente naquelas datas a presencia de  mullers no Corpo policial de New York), pois vai “regresa” ó Palacio del Carmen. Repasei, follei por riba mais non topei cando se instalou alí. Aínda o hei repasar outra, mais o certo é que o máis probable é que ó lector lle aconteza o mesmo. Non é a primeira vez que nas novelas souteilás de Miguel Anxo Fernándezpasan cousas semellantes, escribo de memoria mais nesa memoria lembro, polo menos, outro caso.

A segunda é porque Miguel Anxo non coida moito os ambientes. Si o ambiente xeral, o clima en que se desnvolve a trama, e menos os puntuais ou particulares aínda que, por ejemplo neste caso concreto, o contraste coa atmosfera abafante dos lumes lle podería axudar.

E a terceira, a ausencia de puntuación. Xulguen vostedes mesmos.

-Atende ti –díxolle á Primitiva que limpaba sentada nos vasos xa usados e reaccionou coma se lle falase o cafre máis grande do mundo (131)

Sentada nos vasos?

…………………………

Na toalla:

-No se dice en el rúa, se dice en la calle

A rapaza reprendía así ao rapaza, estranxeiro, seguramente de New York, que trataba de falar galego, coma o pai. E se escribo isto é pola resposta do rapaz.

-Apóusate un chisco, my dear

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.