ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

remate da lectura de Lume de cobiza

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 30 Xullo 2011 @ 11:35 a.m.

Unha das cousas que máis me gustaron de Un nicho para Marilyn foi precisamente o tratamento dos ambientes, da atmosfera na que se vivía as diferentes secuencias, tanto que aínda teño o seu cheiro apegado. E é, precisamente, o aspecto máis frouxo de Lume de cobiza, novela na que a estratexia de Miguel Anxo Fernández non consiste en presentar varias opcións ao lector para que vaia facendo a súa selección de culpabilidades.Todo semella estar bastante claro eo núcleo de posíbeis culpábeis é reducido. A verdadeira estratexia narrativa consiste en agachar a forma en que se solucionará o conflito. Seguramente haberá lectores que adiviñen detrás un oportuno deus ex machina. E tamén como a figura autorial se superpón á narratatorial, porque tamén haberá quen sospeite que esa forma tan estudada pertence máis ao  autor que ao narrador.

En todo caso a novela de Miaguel Anxo Fernández é das que se che quedan dentro. Nela, a estratexia conciste en coidar non as atmosferas das secuencias senón primar sobre elas a atmosfera xeral da novela, aquela vaga de lumes que cercou Compostela. Máis que nada é por iso.

Hai tamén, na novela, un segundo foco de atención, o roubo do Necromicón na Sé compostelá. Despois do acontecido co Códice Calixtino, este aspecto comlementar lerase con fruición, con extra de interese, contribuíndo a re-actualizar a trama, a encarnar a ficción aínda máis na realidade.

Para rematar, dicir que esta primeira andaina de Frank Soutelo pola Galiza sentoulle ben. E ficaron establecidos contactos precisos para futuras xeiras. Isto lévame a falar agora das personaxes, mais só un pouco, que teño prevista outra anotación sobre as personaxes. Aínda así, quero escribir un par de cousiñas. Por exemplo, que entre as personaxes, as máis atraentes son, para min, a tía Castora, pola súa expresividade e como esa expresividade é o pórtico de personalidade, e Dalia, a axente galega, que non esgota a súa capacidade de sorprender a Frank, de incrementar o seu capital atraente malia a súa frialdade.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.