ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Xullo, 2011

por un libro

Posted: Venres, Xullo 15th, 2011 @ 7:46 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en por un libro

Proíame o corpo por ir e fun. Pasadas as once da mañá encamiñei cara a Noia, tiña que comprar varias cousas, porén o que máis me interesaba era ira a unha librería, a Sementeira, e despois pasar polo estanco-quiosco onde vou sempre e este ano aínda non pisei. Cando vou a algún lugar, o primeiro […]

un sitio no mundo e un esquezo

Posted: Mércores, Xullo 13th, 2011 @ 9:14 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en un sitio no mundo e un esquezo

Xa chegando á parte final de A Veiga é como un tempo distinto, a novela de Eva Moreda que ando a ler esta semana, barallo unha serie de títulos alternativos, non por entender que o da autora teña algo de malo, nin moito menos, senón porque tamén é unha maneira de  informar sobre o contido […]

primeiro contacto con A Veiga é como un tempo distinto

Posted: Martes, Xullo 12th, 2011 @ 6:02 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 3 Comments »

Se a anterior novela que lin , a de Manuel Portas, Un dedo manchado de tinta, vai medrando co pouso das páxinas, e ao remate ( xa se nota ultrpasada a metade) resulta discurso moito máis complexo e rico do que se podía ler anunciado nas palabras preliminares de Gonzalo Salgueiro, esta que teño agora […]

Un dedo manchado de tinta e os títulos alternativos

Posted: Domingo, Xullo 10th, 2011 @ 12:32 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Eis unha fórmula de achegamento crítico que xa había tempo non xurdía na Ferradura, a dos títulos alternativos. Mais a lectura de Un dedo manchado de tinta resucitouna, pois a novela de Manuel Portas é moi rica. Así pois, cando escribín a crítica para ANT dixital, en primeiras tiña intención de partir destes títulos alternativos, […]

os roubos do Codex Calixtinus

Posted: Xoves, Xullo 7th, 2011 @ 2:00 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en os roubos do Codex Calixtinus

É a nova do día. Nova cultural que que eclipsa calquera outro sucedido, de hoxe, do que resta de ano, do que resta de decenio e mesmo no que resta de século non haberá máis remedio que referirse a ela. Souben dela camiño de Muros, pola Radio Galega. A indignación que me posúe é moi […]

xente de libro, vida do libro

Posted: Mércores, Xullo 6th, 2011 @ 3:08 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Esta semana é, para min, histórica. Das escasísimas veces que non dei entregado crítica, unha das poucas semanas que non estou cos meus lectores. A primeira, por causas a min imputábeis, creo. Non dei rematado de ler Un dedo manchado de tinta. E non dei rematado porque planifiquei mal as lecturas, non porque o de […]

no medio de Sermos Galiza

Posted: Luns, Xullo 4th, 2011 @ 10:55 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en no medio de Sermos Galiza

Lía onte a noticia, no Galicia Hoxe, que hai xente movéndose a prol da creación dun novo medio, escrito, en galego e plural. Desde esta Ferradura saúdo a iniciativa e fago manifesto o meu incondicional apoio á xente que se puxo a andar, que o movemento sempre se demostra andando e quen mira sempre, sempre, […]

premio Sunshine Award 2011

Posted: Sábado, Xullo 2nd, 2011 @ 4:22 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | 8 Comments »

A bitácora lectora Caderno da Crítica, foro onde Ramón Nicolás obsequia zumes lectores da meirande frescura, recibo este Sunshine Award 2011  polo que manifesto a aperta da miña gratitude. Velaquí loce xa, e paso a dar cumprimento aos requisitos esixidos, avisalos puntualmente e  dar conta do seu enderzo, van ( e non foi nada doado, […]