ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2011

a roña e a raña

Posted: Mércores, Agosto 31st, 2011 @ 1:02 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a roña e a raña

Abro a prensa e sorpréndeme esta mostra de hipocresía “institucionalizada e institucionalizante“. Cómpre lembrar, antes de nada, o cobro “irregular” de dietas por parte de Rodríguez Miranda, que cualificou ou  roubo como unha anécdota. Fíxense, nas diferentes redaccións. Galicia Confidencial, Xornal e agora LVG. Vexan a tentativa de LVG de deixar a Carme Adán como […]

Salma e a delicadeza contundente

Posted: Martes, Agosto 30th, 2011 @ 12:06 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Son moitas as cousas que me atraen do Despois da medianoite de Salma. Unha delas, como indica o título destas liñas é a delicadeza contundente da súa escrita nesta novela. Segue unha estratexia narrativa que no século pasado gozou de grande fortuna, e consistente na simple xustaposición de secuencias narrativas desde a cal se procura […]

voler a Mário de Carvalho

Posted: Domingo, Agosto 28th, 2011 @ 1:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA | Comentarios desactivados en voler a Mário de Carvalho

Era para escribir sobre o Folión. Mais vou un pouco canso, xa me abondou coas Olimpiadas Populares, como ben se puido ler aquí. O conto é que, onte, por facer un descanso na lectura de Despois da medianoite ( velaquí a crítica Ramón Nicolás, e a de A.M.), a novela que me ocupa agora e […]

olimpiadas rurais versus xogos bravús

Posted: Venres, Agosto 26th, 2011 @ 11:30 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en olimpiadas rurais versus xogos bravús

As Olimpiadas Rurais nacen como unha inicitaiva do Castañazo Rock, foi no Castañazo onde eu as vin por primeira vez baixo o noame de xogos bravús. Iso antes de nada. A idea xermola até introducirse nos actos das festas. Que eu saiba celébranse en Chantada e en Melide. Foron onte. Fun. Tirei algunhas conclusións que […]

cultura e fútbol: ocio e neg-ocio

Posted: Mércores, Agosto 24th, 2011 @ 11:42 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cultura e fútbol: ocio e neg-ocio

Un espazo aberto comunícame co exterior. Agora, o exterior é ruído, información de cousas que non vexo. Porque nada ollo reflectido na parede de enfronte, nada hai nos seus espazos abertos, nin paxaros nas cúpulas que divisan os meus ollos. Só ese ruído xordo de automóbiles. Abro entón a fiestra pequena do mundo. Mergullo. Navego. […]

crítica enteira de Chegamos despois a unha terra gris

Posted: Luns, Agosto 22nd, 2011 @ 2:19 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

OS AFECTOS, A VIDA E A POESÍA: TEATRO PARA HOXE Título: Chegamos despois a unha terra gris Autor: Raúl Dans Editorial: Xerais Imos falar do texto vencedor do  Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2010. Un texto que propón unha vigorosa posta en esecena, pois é unha traxedia envolvente da que o espectador/lector non pode fuxir. […]

actualidade cultural, lóxica e razón

Posted: Domingo, Agosto 21st, 2011 @ 11:58 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en actualidade cultural, lóxica e razón

Non é de hoxe, xa sei, mais quero xomezar por aí. -Pola santificación de Ánxel Casal. Pousa Antelo ten toda a  razón e a lóxica. Outros, sen ser mellores ca Ánxel Casal, só por ser vítimas e católicas, mereceron tal “honra”. Ánxel Casal foi tan vítima coma os outros, ou máis. Non facéndoo, a Igrexa […]

recomendacións na transición

Posted: Venres, Agosto 19th, 2011 @ 11:46 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en recomendacións na transición

O tempo de vacacións é tempo de transición, de transición entre rutina e rutina, entre a deseperación e a nada. O tempo de vacacións tamén é tempo onde o ser humno, sen facer nada, se reivindica como humano. Porque o resto do ano só é escravo, humanoide mal pagado. Parece que no tempo das vacacións […]

crise e literatura

Posted: Xoves, Agosto 18th, 2011 @ 11:33 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en crise e literatura

Quero seguir o fío das reflexións de onte. A situación crítica que estamos a vivir é excesivamente grave. E non se ve, na sociedade, intención de reflexionar decididamente sobre o asunto. Movementos como o dos indignados poden indicar que si. Mais penso eu que é moi insuficiente. Repito, unha sociedade onde os amos do cartos […]

vacacións 2011: crise e literarura

Posted: Mércores, Agosto 17th, 2011 @ 11:38 a.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en vacacións 2011: crise e literarura

Dirán que foi a visita do papa ( a Madrid, na XMX; porque da trapallada en Compostela non queda nin unha lembranza non interesada), porén eu cro que este 2011 o vou lembrar como o ano no que a crise tinxiu as vacacións. Non hai xeito de desconectar dela; por moito que fagas, alí onde […]