ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

vacacións 2011: crise e literarura

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 17 Agosto 2011 @ 11:38 a.m.

Dirán que foi a visita do papa ( a Madrid, na XMX; porque da trapallada en Compostela non queda nin unha lembranza non interesada), porén eu cro que este 2011 o vou lembrar como o ano no que a crise tinxiu as vacacións. Non hai xeito de desconectar dela; por moito que fagas, alí onde vaias ha atoparte.Ameazando rebentar todo. E ten que rebentar, ten. Porque non é naturual, nin normal, nin lóxico, que os xestores sexan os amos do diñeiro por riba dos seus propios donos. Como non é natural, nin normal nin lóxico que a forza que crea ese diñeiro, o traballo, sexa absolutamente reprimido e desconsiderado.Ten que rebentar. E veremos como queda a cousa. Qué é o que se salva da queima. Qué faciana terá a nova sociedade. Veremos. De momento preocupa ese aferrarse ao modelo capitalista como se esta fora a única solución cando precisamente é todo o contrario. Porque se perde tempo, e co tempo cartos, tentando facer que a milagre a recuperación sexa froito de axustes puntuis do mesmo modelo, un modelo onde o verdadeiro protagonista son empresas privads que poñen en xaque os mesmo estados…mentres o que había que facer era ir pendanso nun novo modelo social.

Pásenos o que nos pase, en Portugal xa está pasando, velaí logo que unha ollada na creación dos nosos irmáns sexa oportuna. Desde a iniciativa do Movimento Internacional Lusófono pode seguirse. Vexan por exemplo, estes epigramas de Renato Epifánio ( o que menos me gusta da cousa é que pinta demasiado clasicismo e debería pintar máis rupturismo, máis vangarda, máis outra cousa, en boa lóxica). Aconsello tamén a lectura ( lectura, e non só visionado, non hai visionado sen lectura) destas perplexidades, os recados

Viaxen e vexan. Contextualizar. Actualizar. Non imos saír desta sós. Non. Por moita propaganda que nos invada. E aquí cómpre non desamparar a lingua e a literatura, o instrumento cognitivo e grande campo das ideas…porque o pagariamos demasiado caro.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.