ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crise e literatura

Filed under: CRÓNICA DA CRÍTICA,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 18 Agosto 2011 @ 11:33 a.m.

Quero seguir o fío das reflexións de onte. A situación crítica que estamos a vivir é excesivamente grave. E non se ve, na sociedade, intención de reflexionar decididamente sobre o asunto. Movementos como o dos indignados poden indicar que si. Mais penso eu que é moi insuficiente.

Repito, unha sociedade onde os amos do cartos son os seus xestores e non os que os crean ( é dicir, os traballadores) está morrendo. Os bancos teñen que redefinir a súa función, se queda como dixemos é  o mesmo can coa mesma rabia. Por exemplo. Agora toca salvar o que se poida, e redefinir os valores sociais das diferentes actividades económico-sociais. Salvar o que se poida, redefinir, vealí urxencias e ningún debate ( e xa parece excesivo pedir que este sexa serio). Ensuciar as mans. Non pode ser que aquel home bote patacas, que as coida e por eses coidados nazan boas…e que os beneficios da súa actividade vaian parar a un intermediario de traxe e gravata. E quen di patacas pode dicir calquera outra cousa.

A hora da literatura. Se hai unha desas cousas de urxente salvamento é a literatura. Si, a literatura. E non se fala, para nada, do asunto. Todo o mundo parece moi interesado en “salvar” ou “potenciar” ou “auxiliar” calquera outra actividade económico-social-industrial. Mais ninguén fala da literatura, da cultura, como se esta non fose unha das principais actividades económicas de cada sociedade. Das poucas que crean da nada e que mellor respecta o medio no que vive o home. A redor da cal se desenvolve unha actividade economico-productiva moito máis ampla do que a priori parece.

Literatura que tamén se verá afectada, xa verá. E de non facelo, de non salvala, pode darse o paradoxo, imaxinen, de que os futuros estudantes teñan que estudar esta manifestación cultural como ” algo pasado, estrano, belo”, que anunciou os problemas da sociedade capitalista até a extenuación e á que ninguén lle fixo caso…Sei que é un extremo, mais, no extremo…quen non merecería salavarse é precisamente a “burramia”desta sociedade…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.