ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

recomendacións na transición

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 19 Agosto 2011 @ 11:46 a.m.

O tempo de vacacións é tempo de transición, de transición entre rutina e rutina, entre a deseperación e a nada.

O tempo de vacacións tamén é tempo onde o ser humno, sen facer nada, se reivindica como humano. Porque o resto do ano só é escravo, humanoide mal pagado.

Parece que no tempo das vacacións o único que importa é desmadrar, demadrar para, na paréntese, esquecer o escravismo en que un vive.

Porén o tempo d evacación debe, ou debería, servir tamén para reflexionar, con máis tempo e liberdade.

Velaquí algúns convites á reflexión e ao goce literario.

Comezo polo proxectoq. Que en moi grande parte basea a beleza das súas construción na brevidade, desde un poder se suxestión moi ben cultivado

somos o que bebemos
todo o que respiramos
é inspiración
Beleza e reflexión unidos. Por suposto que é un traballo experimentalista.
Experimentalista tamén foi Castelao, vede estes microqontos de visita obrigada.
Se se quere máis extensión, máis corpo narrativo, tamén hai. Mesmo temáticos.
E, como estamos en crise, sen pagar un peso, de balde
Retómese agora o antes escrito sobre a función literaria e a creación.
O universo de motivación creativas é tan amplo que pretender esquematizalo para beneficio da comprensión humana…é como desvestir unha flor.
…………………….
De estar por Compostela, eu non perdería isto. Ou esta polafía.
…………………….
Un tráiler:teatriños


Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.