ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

actualidade cultural, lóxica e razón

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 21 Agosto 2011 @ 11:58 a.m.

Non é de hoxe, xa sei, mais quero xomezar por aí.

-Pola santificación de Ánxel Casal. Pousa Antelo ten toda a  razón e a lóxica. Outros, sen ser mellores ca Ánxel Casal, só por ser vítimas e católicas, mereceron tal “honra”. Ánxel Casal foi tan vítima coma os outros, ou máis. Non facéndoo, a Igrexa amósase como o que é, outra seita máis dos “cheos de razón por ser eles quen son”, e non como “a casa de todos”…

-Tráfico de cruceiros. Xa, e porque non se adican a falar dos “cruceiros”, das crues de pedra, que é o que todos agardamos como significado desa palabra…Pois porque nese tráfico, os cruceiros van sempre ao mesmo porto: os pazos e casas adiñeiradas..

Dáos Deus e eles arrexúntanse. Agora procurade a wally, digo a razón…O que máis me rebenta é que digan que o Papa é boa persoa… Moi boíño el, si, agora vai resultar que por ser papa e católico xa es bo aínda que ti sexas o culpábel máiximo do ocultamento dos abusos sexuais dos teus subordinados!

Sen comentarios!

-Un comentario, con goberno socialista: se non es católico énchente  a hostias! E queixaranse…se isto é coma nos tempos de Franco…

Villanueva de Arosa, Puentedeume, EL Roblecito, El Nido de la Guía... Ser español consiste en negar que sexas galego, catalán, vasco…

Ocio e cultura non sempre se identifican. Hai qnen pasa o seu ocio tumbando agulla, porén tumbar agulla non é cultura…ou pillando borracheiras, que tampouco o é!

Conclusión: para os media de hoxe…a cultura só serve para encher espazo cando non hai outra cousa de que falar. Se os media non se intersan pola cultura dificilmente o vai facer a xente de a pé que se mira nese espello. Nesta andaina, a sociedade, inexcusabelmente, ten que repensar moitas cousas, por exemplo a fumción dos bancos, por exemplo a función da prensa…non se pode vender como ben de interese común algo que só éocultamento da realidade, porque segundo eles a cultura morreu hai moito…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.