ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crítica enteira de Chegamos despois a unha terra gris

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA,CRÓNICA DA CRÍTICA — 22 Agosto 2011 @ 2:19 p.m.

OS AFECTOS, A VIDA E A POESÍA: TEATRO PARA HOXE

Título: Chegamos despois a unha terra gris

Autor: Raúl Dans

Editorial: Xerais

Imos falar do texto vencedor do  Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2010.

Un texto que propón unha vigorosa posta en esecena, pois é unha traxedia envolvente da que o espectador/lector non pode fuxir. Sempre se cuestionará até que punto o que está lendo/vendo é  só un caso exemplificante e hipotético. Porque o espectador/lector entra na obra, nesta representación da vida, desde os primeiros diálogos, malia estes non seren nada amábeis senón todo o contrario, pois achegan unha realidade dura, repleta de enfrontamentos. Onde máis que o que din as personaxes, máis que o que fan, importa a razón, o porqué do que fan e din. E velaí xeito de estimular a participación do espectador/lector, unha estimulación que resulta moi efectiva á par de que é imprescindíbel para un texto teatral cosolidar o seu achegamento á vida, de inserirse xa non só como interlocutor ( que é algo máis que espello) da vida senón como parte súa. A vida, único escenario onde pasa todo, o que se ve, o que se sente, o que se pensa, e o que non se ve mais fai sentir, mais fai ( ou debe facer) pensar

A peza presenta dúas, unha urbana e outra rural, partes baixo un único título. Volveremos despois sobre iso. E non é anecdótico este repartimento aínda que, digámolo xa, tampouco resulta decisivo. Na primeira aparece unha Helena nada amábel nin con quen con ela o é, nin con estranos nin con familiares ( marido, filla, neta), unha personaxe envolta nun caparazón de dureza, de imexpugnabilidade e dolor, unha personaxe que padece cancro, esa enfermidade terminal, que che pon diante a derradeira estación, esa que non podes evitar e te obriga a repensar o mundo, un mundo onde non estás cómodo. Significativamentem esta parte remata cunha conversa con Antón, vello amigo de Helena, pintor ( a pintura era unha das ansias motrices da vida anterior de Helena), onde a arte aparece ao lado da vida, como prolongación súa, facendo parte do mundo dos afectos das perosas, o mundo relacional das persoas non se esgota na inter-relación entre elas senón que a arte tamém forma parte.

Logo, na segunda parte, Helena aparece en ambiente rural. É como unha volta ás orixes…tentando ir cara adiante, indo cara adiante. Dous ambientes para a universalidade, o urbano e o rural, nesta orde. O rural como retorno. E esta Helena da segunda parte tampouco logra conxeniar nin coa nai, nin cos vecinos.

Helena é unha personaxe que leva o conflito consigo, notoriamente, desde o inicio.Mais non é única. O conflito está instalado tamén nas demais personaxes, na do marido (Andrés, realmente namorado doutra muller), na de Luísa ( filla, que deixou atrás un amor frustrado), na da nai (Pura, que viviu unhavida dura, e nela os desafectos da segunda nai), na de Raquel ( que sufriu un abandono e ten ánimo de venganza xustificativa), na de Martín ( veciño, obxecto de desexo do que pouco se coñecen os desexos, misterioso), sendo Iván e Antón que mellor parados ( mais que tampouco se libran, tamén son atinxidos).

Deste xeito a peza organízase a redor dunha serie de conceptos temáticos. A vida, o amor, as oportunidades e asfixia, a liberdade e a arte. Que están sempre presentes, e non ten  porque ser obrigatoriamente nesa orde. Os conceptos desde os que se logra, ou non, a realización persoal.

Xerardo Couto, no limiar, lembra The Road Not Taken, e Robert Frost. Unha cousa é imoprtante, xa o dixemos, a capacidade de porlongación que o lector/espectador sexa quen de proxectar/sentir a proxección. Porque é, en definitiva, o que distingue aqueles textos que valen a pena. E que xa está, no texto de Raúl Dans, desde o mesmo comezo. No título. Un título que non se refire a parte da trama senón que a englona toda e ten sentido metafórico. Igual que toda a proposta en si, e sendo desnecesario recuncar, polos recovecos do texto, nela.

Unha cousa máis a mencionar.O remate.Non hai un remate conclusivo.Non hai unha mensaxe definíbel, enunciábel, fóra de reclamar reflexión sobre o que facemos e dicimos, porque iso, a fin de contas, é o que somos, o que abre os camiños que somos.

Teatro para hoxe. Para sempre o teatro. Ás veces hai máis vida no teatro que na rúa.

ASDO: Xosé M. Eyré

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario »

  1. Crítica de Xosé Manuel Eyré sobre «Chegamos despois a unha terra gris», de Raúl Dans | Xerais:

    [...] Manuel Eyré publica no seu blog unha recensión crítica sobre sobre Chegamos despois a unha terra gris, de Raúl [...]

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI

Deixa un comentario

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(obrigatorio)

(obrigatorio)