ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

cultura e fútbol: ocio e neg-ocio

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 24 Agosto 2011 @ 11:42 a.m.

Un espazo aberto comunícame co exterior. Agora, o exterior é ruído, información de cousas que non vexo. Porque nada ollo reflectido na parede de enfronte, nada hai nos seus espazos abertos, nin paxaros nas cúpulas que divisan os meus ollos. Só ese ruído xordo de automóbiles.

Abro entón a fiestra pequena do mundo.

Mergullo. Navego. Curioseo. Interésome.

Nin a menor dúbida. O verán é un tempo especialmente rico en actividade cultural.

Nau-frago.

Ocórreseme: xa que andan tan céleres para facer unha reforma exprés da Constitución, ben podían inluír o seguinte; a obrigatoriedade de os diarios deportivos incluíren información cultural. O deporte, sobre todo o deporte profesional é ocio, puro ocio, non?, ou era neg-ocio? , non estaría mal que esa información cultural aparecera baixo o epígrafe neg-ocio

Tan raro son que non concibo ocio sen cultura?

-Non, o raro é o contrario, o ocio baleiro, o construtivo porque desde el non se “molesta” ningún estamento/comportamento social/produtivo. Aí está o negocio, na negación do ocio como cultura…

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.