ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

olimpiadas rurais versus xogos bravús

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 26 Agosto 2011 @ 11:30 a.m.

As Olimpiadas Rurais nacen como unha inicitaiva do Castañazo Rock, foi no Castañazo onde eu as vin por primeira vez baixo o noame de xogos bravús. Iso antes de nada.

A idea xermola até introducirse nos actos das festas. Que eu saiba celébranse en Chantada e en Melide.

Foron onte. Fun. Tirei algunhas conclusións que agora quero compartir con vós.

A primeira: que me parecen un acto moito máis festivo no Castañazo que nas festas. Curioso? Non crean…

A segunda, que nace da primeira. Non son as mesmas probas. Nas Olimpiadas hai carreira con cestos (este ano levaban follas ou cascas), lanzamento de forquita ( o ano pasado penso que fora forcado), lanzamento de alpacas, tiro de corda…Non é no carácter das probas onde están as diferenzas

A terceira, que vén da anterior. A diferenza está no espírito das probas. Mentres as Olimpiadas semellan un espectáculo tipo folión de carros, ocasión para que urbanitas xoguen a que eles tamén son/foron quen de dominar nos labores do campo. Onte, por poñer un exemplo, o barociño, o porquiño que formaba parte dun dos premios…tíñano atado cun invento deses para mascotas ( cans ), mentres nono molestaron non pasou nada, en canto lle andaron con bromas ceibouse, doadamente…pillárono, volvéronlle poñer o invento, volveuse ceibar…e deixárono en vistas…Vamos, que non sabían pexar un porquiño. Igual que moitos participantes no tiro de forquita ( gancha, dicimos aquí)…parecía que a collían por primeira vez…

Ora que a culpa non é precisamente dos participantes, aos que hai que aplaudir, fervorosamente, polo seu esforzo e espírito festivo. A culpa é de quen non coida que estas probas se convirtan nunha antroidada antes de tempo…

E se non se lle pon freo, igual que o folión

( por certo, notan como o que antes eras ” os carros do folión” se convertiron “no folión dos carros”?)

acabarán sendo espectáculos máis propios do antroido.

Non pasa o mesmo cos xogos bravús. Porque será?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.