ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

voler a Mário de Carvalho

Filed under: ACTUALIDADE LITERARIA — 28 Agosto 2011 @ 1:19 p.m.

Era para escribir sobre o Folión. Mais vou un pouco canso, xa me abondou coas Olimpiadas Populares, como ben se puido ler aquí.

O conto é que, onte, por facer un descanso na lectura de Despois da medianoite ( velaquí a crítica Ramón Nicolás, e a de A.M.), a novela que me ocupa agora e que me está deixando moio boa impresión, pois botei man de A arte de  morrer longe, de Mario de Carvalho, sobre a que xa tamén teño escrito. E repito. Esa escrita con intención entre o desenfado ( que non renuncia a pintarche un sorriso) e profundamento serio atráeme moito. Atráeme moito esa escrita que no vulgar, no cotián, insire reflexións moi a ter en conta…paréceme unha tentative democratizante e revalorizadora da esencia humana. E de grande valor literario. Literario e lingüístico. Que as descricións están moi logradas, que a lingua empregada sexa dúctil e de amplo rexisto, e que domine extraordinariamente ben os tempos ( tempo para narrar, tempo da digredir ou comentar)…son razóns abondas para o que manteño. Imparte cátedra.

Xa adiantei a crítica de Padro Teixeira Neves. Velaquí outra, moi interesante ( exemplifica con extractos) ademais de atinada. E aínda máis, vexan aquí os comentariros, son poucos, mais van direitos ao que importa, a enorme capacidade de fascinio da escrita de Mário de Carvalho.

Non atopa libros interesantes quen non le.

Neste senso, o mes de agosto está a me ser moi grato.

Porque téñase en conta que a de Salma vai ser unha das lecturas que eu recomende aos meus alumnos.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.