ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a roña e a raña

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 31 Agosto 2011 @ 1:02 p.m.

Abro a prensa e sorpréndeme esta mostra de hipocresía “institucionalizada e institucionalizante“.

Cómpre lembrar, antes de nada, o cobro “irregular” de dietas por parte de Rodríguez Miranda, que cualificou ou  roubo como unha anécdota.

Fíxense, nas diferentes redaccións. Galicia Confidencial, Xornal e agora LVG.

Vexan a tentativa de LVG de deixar a Carme Adán como peseteira:

Todos ellos tienen derecho a coche oficial, chófer y secretaria, aparte de percibir casi el doble de salario que un diputado raso. Eso sí, al tener coche oficial no pueden pasar gastos de locomoción. En cambio, Adán, al renunciar al coche, seguirá pasándolos.

Como se Adán se lucrara con isto! E tendo en conta o precedente de Antonio Rodríguez Miranda!!!!

Vexamos as razóns do alporizamento.

Abel Losada, entende que a decisión de Adán non é a forma máis acaída. Na súa opinión, calquera renuncia aos coches oficiais debe ser tomada polo conxunto da mesa, na que todos os membros menos adán son socialistas ou conservadores.

Virás como nós che digamos, e como nós che mandamos vir en coche oficial virás ne coche oficial. Coche oficial obrigatorio!!!!!

José Manuel Balseiro dixo que Adán “xa podía ter renunciado antes” en referencia a que dispuxo de coche oficial cando era directora xeral co bipartito.

Pois claro que puido. Mais que non o fixera non invalida ou atenta contra a decisión de agora. Acaso o PP non virou completamente no asunto da lingua galega? Tamén puideron ser honestos desde o primcipio!

E falan de decisión demagóxica! Miña nai! A onde chegamos!

E con estes políticos pódese chegar a algún lado??!!

A pouco que se rañe xa se vé que todo neles é roña!!!!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.