ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Agosto, 2011

retalladas da función da literatura

Posted: Luns, Agosto 15th, 2011 @ 7:42 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en retalladas da función da literatura

Unha cousa na que levo matinado varias veces hoxe é a seguinte. Coñezo catro persoas que escriben de notábel moi alto, moi alto. Lin os seus textos varias veces. E ningún deles amosou, nunca, nin o máis mínimo de edita. Por moto que eu llelo teño pedido. Cando se fale ou pense nas funcións da […]

Antonio Soto e Castelao

Posted: Sábado, Agosto 13th, 2011 @ 1:53 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, LITERATURA MÍNIMA | Comentarios desactivados en Antonio Soto e Castelao

Non teño noticia de que se trataran. Con quen si se tratou Antonio Soto foi con Suárez Picallo. Non teño noticia, digo, mais, xa verán como a vida os fai  coincidir nesta anotación. Botei a mañá procurando textos de Antonio (Gonzalo) Soto, porque o líder que puxo en pé de rebeldía, pacífica mais consicente, a […]

os máis ghuapos e valentes: a Princesa de Borbón e o gaucho destemido

Posted: Venres, Agosto 12th, 2011 @ 7:10 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en os máis ghuapos e valentes: a Princesa de Borbón e o gaucho destemido

No repaso que ando facendo da Arxentina dos primeiros anos do século pasado, a través do libro coordinado por Lois Pérez Leira, dúas figuras chaman a miña atención. Dous seres marxinais que deixaron moi fonda pegada na sociedade arxentina. Juan Moreira. Del escribiuse literatura. Foi un dos gauchos máis famosos. Se na América do Norte […]

lectura e satisfacción lectora

Posted: Xoves, Agosto 11th, 2011 @ 2:09 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en lectura e satisfacción lectora

Andei repasando os comentarios feitos, na Redelibros, sobre Lume de cobiza, e iso provovoume certas reflexións. O éxito dunha lectura non depende en si, só, do texto, senón que teñen bastante que dicir outros factores. Velaí unha característica que afasta a lectura do cinema. Aínda que os dous contan historias, o cinema require unhas condicións […]

os libros que foron quedando ou as razóns recuperadas

Posted: Martes, Agosto 9th, 2011 @ 9:11 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Entre tanta movimentación de libros como levo no que anda de mes, como era de agardar foron aparedendo títulos que, por esta ou aquela razón, apartei movido por renovadas ansias de lectura . –A arte de morrer longe, de Mário de Carvalho, que xa comezara a le ronde o mercara: na Albufeira. Aquí, a crónica […]

paquete crítico de Lume de cobiza

Posted: Luns, Agosto 8th, 2011 @ 11:48 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en paquete crítico de Lume de cobiza

Como este mes non se actualiza A Nosa Terra, será a Ferradura o soporte da crítica do Lume de cobiza ( Miguel Anxo Fernández) publicado por Galaxia. Para comezar, unha escolma do que atopei na rede sobre a novela: en A Nosa Terra velaquí teñen unha entrevista, en Camiño Longo tamén falan del, outro artigo […]

diálogo entre a mecela e o sergas, o lume e a cobiza

Posted: Domingo, Agosto 7th, 2011 @ 7:15 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en diálogo entre a mecela e o sergas, o lume e a cobiza

-Anda o mundo tan revolto, tan avolto, que, miratí, vai o Miguel Anxo Fernández e, en Lume de cobiza, anticipa o  roubo dun manuscrito na Sé de Compostela, como o Códice Calixtino lle parecía demasiada ficción…deixouno no Necromicón ( libro debido á portentosa imaxinación de  H. P. Lovecraft). -Pois iso, quere unha infu de macela? […]

cine, música e lecer no Lume de cobiza

Posted: Venres, Agosto 5th, 2011 @ 11:18 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Sendo quen é Miguel Anxo Fernández, lóxico é agardar referencias cinematográficas no Lume de cobiza. Por exemplo, como adxuvante á hora de caracterizar. E velaí que Demoleitor vén, evidentemente, de Terminator. E do mesmo xeito que Schwarzenegger, aí están Clint Eatwood, Sammy Davis Jr., Marilyn Monroe, Robert Redford, J. Wayne ou mesmo a Mata-Hari e […]

os espellos detectivescos de Frank Soutelo / os libros de Lume de cobiza

Posted: Xoves, Agosto 4th, 2011 @ 11:54 a.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

No Lume de cobiza tres modelos de detectives son os que ten en conta Frank Soutelo. Non é infrecuente que os detectives ficticios falen das súas relacións con outros detectives de igual esfera; tampouco ´é que sexa habitual mais nunca  deixou de facerse. No caso que nos ocupa, Frank Soutelo en Frank Soutelo pode verse […]

tamén pechou Xornal

Posted: Mércores, Agosto 3rd, 2011 @ 11:20 a.m. in LINGUA, manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en tamén pechou Xornal

Léano en Galicia Hoxe. Leáno no EP, por culpa das perdas económicas No propio Xornal Léano en LVG, teñen a cara de botarlle a culpa ao reparto eólico do bipartito! ( cando foi tumbado precisamente porque LVG non estaba satisfeita polo reparto!) Léano no Galicia Confidencial, único lugar onde a información parece dotada de seriedade […]