ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Setembro, 2011

sobre Cunqueiro, Miranda e todo o follón

Posted: Venres, Setembro 30th, 2011 @ 4:54 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en sobre Cunqueiro, Miranda e todo o follón

Vexo a noticia e pídeme o corpo dicir que: -É moi frecuente que non se distinga entre o fantástico e o marabilloso. E un erro de perspectiva non facelo. Polo visto aínda cómpre para que esa distinción non sexa contestada coa ignorancia. -Isto non contradí para nada o realismo fantástico, etiqueta previa. E tampouco vai […]

Cabalo de ouros e a indiganción; Cabalo de ouros e as leccións de vida

Posted: Xoves, Setembro 29th, 2011 @ 5:35 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Cabalo de ouros e a indiganción; Cabalo de ouros e as leccións de vida

CARA A: A novela de Freixanes vén precorrida por unha simboloxía que de cando en vez é traída a primeiro plano. A comezar por esa partida de naipes que é o seu centro gravitacional. Un enfrontamento, un desafío ao azar que nin os mesmos potentados protagonistas ( xente arrichada e de cartos, que come o […]

Cabalo de ouros, por dentro

Posted: Mércores, Setembro 28th, 2011 @ 6:15 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en Cabalo de ouros, por dentro

Hoxe remato de ler Cabalo de ouros. Tenme pasado de todo, na Semana Santa, por exemplo, esquecín na casa o libro que lera pola semana e tiven que ler nun día para que estivera lista para o luns. Porén nunca na miña vida tiven unha lectura tan accidentada como esta da novela de Freixanes, da […]

sobre a crise de LVG/ fóra LVG dos centros de ensino!

Posted: Martes, Setembro 27th, 2011 @ 6:01 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 2 Comments »

Onte, subín anotación cunha presentación sobra para que serve LVG?. Hoxe chégame esta noticia sobre como lle van as cousas a  LVG. Porque LVG non se está a librar dos efectos da crise. -LVG en crise? Si. -Seguro? Teño que repetir. Xa quixera eu que aos medios que xa pecharon ( Xornal, ANT, Galicia Hoxe…sen […]

para que serve La Voz de Galicia?

Posted: Luns, Setembro 26th, 2011 @ 5:01 p.m. in CARA ADIANTE, manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en para que serve La Voz de Galicia?

Desde esta tipoloxía, lida en Rebelión, elaborei esta entrada na Ferradura. Mais non para aí a cousa. As ideas, xa saben, colíganse, xuntan vontades, dannos identidade fronte ao mundo. As ideas, o pensamento, forman unha cadea. E hai un novo chanzo. Atopeino no youtube e compártovolo: [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/9a828Uqj5IU” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /] con esta propina: […]

palabras para A Nosa Terra

Posted: Sábado, Setembro 24th, 2011 @ 3:54 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en palabras para A Nosa Terra

Fomos ficando sós. Desde o inicio. Porque A Nosa Terra, desde o mesmo albor dos seus días nesta última etapa, foi perseguida. Ferozmente. Lembro, no ano 80 era eu carteiro eventual, lembro entregarlle citación, outra máis, ao Afonso, outra vez máis que o requirían a declarar. O  exercicio profesional do xornalismo, a pouca liberdade de […]

Rosalía de Castro ou o perigo incandescente

Posted: Venres, Setembro 23rd, 2011 @ 12:02 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en Rosalía de Castro ou o perigo incandescente

Estou lendo, aos poucos máis con atención e devoción, o Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria. Igual que fixera coa Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, como lembra o autor, Francisco Rodríguez, a primeira tese lida na Universidade galega sobre Rosalía ( ano 1988!). Precisamente no primeiro capítulo de Rosalía de Castro […]

pés sen cabeza, boca fechada ( casos elementais)

Posted: Xoves, Setembro 22nd, 2011 @ 8:49 a.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en pés sen cabeza, boca fechada ( casos elementais)

Caso 1 Levo dous días con incómodos. Vándalos incnediaran a caixa da publicidade da  casa onde vivo, e de resultas ardeu o porteiro electrónico. Avisado o seguro, houbo que cambiar non só o porteiro electrónico senón todo o revestimento da porta. E para ao traballo veñen operarios desde Lugo. É que non os había aquí, […]

importante achega de Filipe Díez sobre a realidade do sistema educativo galego

Posted: Mércores, Setembro 21st, 2011 @ 8:49 a.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en importante achega de Filipe Díez sobre a realidade do sistema educativo galego

Coa que está caendo, e non só na Galiza, e perante o feito consumado día a día de que a prensa pasa por completo de defender o sistema de ensino, ou sequera analizar a situación con clareza, aínda tenso en conta que hai unha semana a OCDE deu a coñecer un informe sobre o ensino […]

a conexión galega de Salma

Posted: Martes, Setembro 20th, 2011 @ 3:28 p.m. in Sen clasificar | Comentarios desactivados en a conexión galega de Salma

Adiantarei que non me refiro a María Reimóndez, autora da  versión galega da novela de Salma. Non. A conexión galega de Salma vén de antes. De antes de que coñecera a María Reimóndez. Pouco coñezo da obra de Salma. Da obra, lecturas e infulencias da autora de Tamil Nadu. Polo tanto, o que a continuación […]