ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

LVG: fóra dos centros de ensino, xa!

Outro novo caso de manipulación informativa, particularmente en LVG.

Onte iniciábase o curso para os máis cativos. Como?

Lean Galicia Confidencial, onde se dá conta de como o PP está “molesto” pola protesta sindical

Lean en EP as protestas dos pais, un centro case baleiro.

Dean unha ollada á compracente información de Galicia Hoxe, titulando desde o punto de vista da Xunta.

Agora imos con LVG. Na portada vén esta noticia Los profesores faltan a clase, tratando os docentes como alumnos pouco amigos de ir por clase. Se clicas nela, lerás isto, todo pasa pola falta de profesores substitutos, dáse a notici asen afondar nela, simplemente deixando conta de que é “mal de todos” e fíxense nas oracións impersoais á hora de faltar da ausencia do profesorado ( coma se non se soubera ban cal é causa, mais así evitan lembrala). Por certo, tamén aparece unha foto do da voz afrautada facéndolle fronte aos manifestantes. Esta información recollida da portada pertence á sección “Galicia”. Sigamos lendo, na sección “Sociedade” hai algo que interesa, hai que coidar que os nenos durman nove horas polo menos. E que coman ben. É dicir, preocúpate, pai, de que coman ben e durman ben, non de se a Xunta masifica as aulas, non de que a Xunta provoque que haxa menos  docentes este ano. O resto só son ganas de dar a  lata.

O dito, canto se aforraría coa ausencia de LVG nos centros escolares. Aí si se poden aforrar cartos sen prexudicar para nada  a calidade de ensino. E o que serve para LVG tamén é aplicábel ao resto de prensa compracente. Porén o caso de LVG é especial. É aí, en LVG, onde a Xunta leva gastados millóns, millóns dados a dedo, regalados. Pódese aturar qu eun xornal dea a súa versión partidista, sempre e cando non negue os feitos eocrridos…porque hai que falar de mentira. Non é de recibo que, ademais de desfigurar a realidade todo o posíbel, trate de desmobilizar a cidadanía. O decente é dicir o que pasa, e se a cidadanía decide mobilirase ou non é cousa súa, da cidadanía.

Pidamos que se se suspendan as subcricións a LVG, por decencia!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.