ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

primeira manifestación da chafallada no ensino, continúa a manipulación da radio galega

É moi sinxelo. Comeza un novo ano académico. E neste novo curso somos significativamente menos ensinantes. A Xunta vendeu esta reducción dos docentes como unha aposta pola “calidade” no ensino. Calidade e excelencia son dúas palabras que non apean da boca.Vendeu como “calidade” algo que só é unha chafallada. Sei de varios centros na provincia de Lugo onde hai pouco profesorado para cubrir as horas de garda. Seguramnete acontece similar en moitos máis. Nonsi?

Fóra o noso ensino das mans dos chafalleiros!

Mentres ía para o traballo, escoitaba as noticias da Radio Galega. Pouco máis de 25 minutos pasados desde as 8 da mañá. Galicia por Diante, chámase o programa, e debera chamarse Diario De Noticias do Partido Popular. Falan de que Rubalcaba asistíu á festa da rosa, en Catalunya. Din, literal: “José Montilla escoitou os consellos de Rubalcaba sobre o idioma”. Escóitanse as palabras de Rubalcaba, non son consellos senón unha petición, a de que coiden o catalán. “Escoitou os consellos” supón un manipulador xuízo de valor nunha noticia que debe ser imparcial se se quere que sexa críbel. Un xuízo de valor que traslada ao oínte a perspectiva de análise do PP. É dicir, incúlcalle ao oínte a maneira de pensar do PP. Isto é manipulación, e non o das Galescolas!

Se o PP quere que CRTG sexa a CRTPP que a pagen eles! Todo o que non sexa iso é un roubo!

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.