ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

sobre a crise de LVG/ fóra LVG dos centros de ensino!

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 27 Setembro 2011 @ 6:01 p.m.

Onte, subín anotación cunha presentación sobra para que serve LVG?.

Hoxe chégame esta noticia sobre como lle van as cousas a  LVG. Porque LVG non se está a librar dos efectos da crise.

-LVG en crise?

Si.

-Seguro?

Teño que repetir. Xa quixera eu que aos medios que xa pecharon ( Xornal, ANT, Galicia Hoxe…sen esquecer A Peneira etecé)  lles foran dadas as mesmas axudas de tan oportuna e amigabelmente recibe LVG da Xunta…

-A ver, LVG en crise? Mais, non é LVG a Intocábel Folla Parroquial de consumo obrigado polos galegos? Como vai estar en crise? Acaso están en crise a Xunta e o PP?

Que si, ho. Le, aquí, máis.

-A ver, a ver…no centro de ensino onde traballo veño de ver non un exemplar de LVG, non un, oito! LVG aparece distribuída alí onde vaias, adinistración pública ou empresa privada. LVG non para de fachendear que son os máis guais do paraguais. LVG recibe cartos a mancheas da Xunta…Como vai estar en crise unha empresa con semellantes axudas?

Pois será que son pésimos xestores os que a levan, o que a leva: Santiago Rei y Cierra España, El Protestón Interesado…

Eu aínda me sigo preguntando como Educación permite que nos centros de ensino haxa prensa con anuncios de contactos. A cousa non deixa de ser curiosa, en internet, para acceder, tes que dicir que es maior de 18. Mais no diario en papel ninguén che pregunta, nada de nadiña…Como poden os pais expoñer os fillos a este tipo de anuncios? Uns anuncios que non negan para nada fomentar a prostitución senón todo o contrario?

Fóra LVG, calquera prensa con este tipo de contidos, dos centros de ensino!

Non esquezas pedilo no vindeiro claústro!

2 Comments

  1. boicoz:

    Boas novas para Galiza. A Voz baixa un 13% nun ano na súa difusión. A crise tamén lle chéga ao señorito de Sabón.

    http://www.prnoticias.com/index.php/prensa/209-ojd-/10068153-ojd-junio-los-diarios-regionales-se-desploman

    Mágoa por algún dos xornalistas de La Voz que son boa xente.

  2. xmeyre:

    Comparto a túa mágoa por eses xornalistas. E tamén que son boas novas para Galiza, que é maís Galiza canto lea a andrómena de Santiago Rey y Cierra España, El Protestón Interesado.
    Mais é preocupante a cáida do resto de diarios rexionais…
    Beizón polo enlace, Boicoz

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.