ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Outubro, 2011

SINBAD

Posted: Luns, Outubro 31st, 2011 @ 1:57 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, sétima arte | 2 Comments »

Xa anda o vello Sinbad polos cines galegos. O Sinbad que levou ao celuloide Antón Dobao. Eu teño esta novela de Cunqueiro moi dentro. A súa lectura foime toda unha descuberta. Lina con 17 ou 18 anos, nunhas circunstancias históricas moi específicas. Era tempo de esperanza. Tempo de esperanza, de saída dun túnel do tempo […]

incidencias e desnaturalización

Posted: Domingo, Outubro 30th, 2011 @ 4:23 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | Comentarios desactivados en incidencias e desnaturalización

Onte tocaba Castañazo. Solidariceime con Ío, acatarrado. Non me custou moito, esta nova versión do Castañazo, desilusióname. Era o grande festival do rock galego, polo menos naceu con esa intención, e quedou nun simple festival máis. Non hai máis que ver o cartel: dous grupos de Madrí, un de Zevilla, outros dous extrapeninsulares  e dous […]

arquitectura narrativa de Ninguén

Posted: Venres, Outubro 28th, 2011 @ 5:29 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 2 Comments »

Dixen, nunha anotación anterior, que me gustaría ter tempo para facer un estudo comparado da tratamento da soidade en Males de cabeza e Ninguén. Sen esquecer a implicación que niso ten a arquitectura narrativa en ambos casos. Mais por agora ímonos contentar coa correspondente a Ninguén Dixen tamén que a literatura de Fran Alonso é […]

algunhas “deficiencias” do Abalar

Posted: Xoves, Outubro 27th, 2011 @ 8:08 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS | Comentarios desactivados en algunhas “deficiencias” do Abalar

Hoxe, por segunda vez, explicáronme iso do Espazo Abalar. 45 minutos durou a reunión. Repito, a min xa mo explicaran antes…en dez minutos. Tirei algunhas conclusión que quero compartir ( E xa verán como o incompetente Xesús Vázquez non  para de estirar o pescozo presumindo) Primeiro. Unha das novidades máis importantes do Espazo Abalar é […]

obxectividade e subxectividade nunha aula de lingua

Posted: Mércores, Outubro 26th, 2011 @ 6:09 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, LINGUA | Comentarios desactivados en obxectividade e subxectividade nunha aula de lingua

A alumnos de 1º bacharelato, mandeilles redactar un texto e sobre el que sinalaran onde se se daba información obxectiav e onde subxectiva. Non contento con iso, logo díxenlles que intercambiaran os textos, de xeito que así todos revisaban o doutro compañeiro a ver se sinalaran toda información obxectiva e subxectiva. Non foi por capricho, […]

Proust, cabrón, isto vai para ti…

Posted: Martes, Outubro 25th, 2011 @ 5:36 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CHISTES MULEIRO-PARROTA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Para que escribiches Na procura do tempo perdido, se ti sabías que esa procura é tempo perdido. Sabíalo ben sabido porque ti experimentáchelo en experiencia propia, toda a túa vida foi a fracasada tentiva de apreixar o tempo, de retorcer a  liña temporal deica mirala fronte túa coma se estivera a carón. O único que […]

teoría dos ollos e do tempo de pedra

Posted: Luns, Outubro 24th, 2011 @ 3:40 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en teoría dos ollos e do tempo de pedra

Alí, naquel adro peonil da Alameda compostelá, pediume que viñera agardar para acompañala á casa porque o día anterior perdérase. Hoxe, o perdido era eu. Perdido no tempo, naquela década dos oitenta, despois de que a dos setenta me trabara coa perda do futuro a carón de quen renunciaba a súa vida para vivir a […]

comentario sobre os Premios da Crítica

Posted: Domingo, Outubro 23rd, 2011 @ 3:54 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 5 Comments »

Vaian, primeiro de nada, os meus parabéns aos premiados. Para Ana Romaní, un premio para«todas e todos aqueles que traballaron para que haxa un outro horizonte nesta lingua» Para Rodrigo Romaní, á fronte desa marabilla que é Son de seu Para Ángela de la Cruz, o Proxecto Terra e Chévere E para Jorge Mira, o […]

1, 2,3 fragmentos por un país normal

Posted: Sábado, Outubro 22nd, 2011 @ 3:22 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en 1, 2,3 fragmentos por un país normal

1) -Díxoo Arlandur Indridason, o escritor islandés que abriu Francfort a semana pasada: os países non se miden polo valor dos seus bancos, senón polo peso das súas literaturas. -Este país de 2.700.000 habitantes, que produciu o ano pasado máis de 2.000 títulos en galego, é un país que existe, malia á lei da gravidade. […]

final de ETA si, pero non así

Posted: Venres, Outubro 21st, 2011 @ 5:26 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en final de ETA si, pero non así

Xa non poderei tomar café, nunca, coa prima que ETA me matou en Barcelona, naquel terríbel atentado. Hoxe, seguro, é o primeiro día dunha nova historia. Teño razóns, iso agardo, para, no ámbito privado, querer crelo. E no político sorprendeume a nova de que ETA deixa a loita armada. Inmediatamente  a esta sorpresa, sempre é […]