ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o roubo improtestado

Filed under: Sen clasificar — 2 Outubro 2011 @ 4:17 p.m.

E que opina O Protestador, Santiago Rey  y Cierra España, dono de LVG, a cerca do expolio de NCG ou da condena aos galegos a non contar co recurso dunha fonte de financiamento propia?

Porque isto é un roubo. Non cómpre man armada. Abondou a decisión. Decidiron que os cartos dos galegos non valen, mais teñen moi claro que como potenciais clientes doutra banca non galega si somos moi apetecíbeis, aí si que valemos.

Como afecta este expolio a LVG? Porque LVG? Home, sendo LVG o órgano comunicacional da Xunta e propagandístico do PP, á vez que artículo de consumo obrigado e diario….entenderase ben a miña preocupación…

Igual está de acordo niso do expolio. Vistas as dificultades financeiras de LVG, que só millornarias concesións a dedo por parte da Xunta, permiten que siga adiante… ( mais non Xornal, non ANT, non Galicia Hoxe…eses había que asasinalos!)…as esperanzas postas en NCG como quedaron?

Como non demanda o Protestador a depuración de culpabilidades? A de Feixó, o grande “impulsor” da unión e máximo responsábel dest roubo. A de Raxoi, nada se fixo sen o seu consentimento. Para empezar. Xa nin falemos de Consellarías. Porque tamen a dos prebostes que antes dirixiron as caixas. Cantos cartos, nosos, de todos os galegos, cumpriron para que estes vividores se retiren? Quen tiña máis furados, Caixa Galicia ou Caixa Nova? Cal era a verdadeira dimensión deses furados?

Porque calas, Protestador? Negociar con Castellanos era doado, a quen terás que dirixirte agora, a Biotín?

O coruñesismo, como dixire isto?

Porque tamén o coruñesismo foi derrotado, ou non?

3 Comments

  1. Ramón R.:

    O editorialista de cabeceira de don Santiago meténdose en charcos que tampouco coñece, e pasando por alto a fin das caixas, doulle caña hoxe ao labor dos profesional de RTVE, traballo que botaremos de menos desde o 20N e o mellor da historia da democracia. Imaxino que don Roberto bota de menos a Urdaci, sobre o que non lle lin ningún artigo. Aínda que tampouco escriba moito do feito por Sánchez Izquierdo por seren dos seus (a RTVG só lle interesará para as súas tertulias e para reclamar que se fale en castelán), sendo tan español el podería falar das televisións públicas de Madrid ou Valencia, que aí si que os seus xornalistas dan leccións de obxectividade… E xa sei que a culpa é miña por ler o enxendro este de LVG…

  2. xmeyre:

    Se cadra, entre liñas, que é como hai que desenxendrar o enxendro, aínda habemos pagar nós a mala bile que se lles está cocendo aos Cierra España Boys…con tanto acontecemento adverso e os único sen quen mellar a eito son os sospeitosos habituais defensores do galego e de Galiza!
    Hoxe, Ramón, de pasada botei unha ollada na portada de El (IN)mundo, que nunca deixa de ser niño de malas conciencias…

  3. Galizauberalles » Blog Archive » Manda Carallo coas Caixas e a puta Coz!:

    […] http://xmeyre.blogaliza.org/2011/10/02/o-roubo-improtestado/ […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.