a narrativa inversa de Fran Alonso
Comecei onte a lectura de Ninguén, título co que Fran Alonso regresa aos trinques.
Non sei aínda se definila como novela ou non. En todo caso, o xénero é o de menos, se a literatura é boa, e eu non dou resistido a tentación de escribir esta anotación, así de entrada. O propio Fran Alonso, no epílogo, comenta a relación que este Ninguén ten coa súa obra anterior, en prosa ou poesía. É a súa lectura, ademais da dos primeiros relatos, o que orixina estas palabras, que tampouco deixan de ser un horizonte de expectativas peculiar, mais que á vez queren caracterizar o corpus do autor.
Hai, na narrativa de Fran Alonso, un aspecto que, a meu ver salienta sobre calquera outra cousa. A naturalidade coa que é quen de escribir sobre o que non escribe. Parece sinxelo, mais diso ten moi pouco. A primeira vista, a narrativa de Fran Alonso ( sobre todo os últimos títulos) semellan espellos da realidade; é, Fran Alonso, autor que non lle foxe á realidade senón todo o contrario. E, dentro desa realidade na quere, na que necesita sentirse partícipe ( o outro sería un suicidio, covarde e ilusorio), dentro desa realidade manifesta especial preocupación polo ser humano, polo ser humano e as súa soidades, os seus silencios, traumas dos que ás veces nin se decata…e que o inmobilizan. Cando escribo isto teño na mente, como dixen e sobre todo, os últimos títulos. Quere isto dicir que se trata dunha evolución, dunha evolución que ten este estadio, polo momento, como chegada.
Claro que, dito o dito, en poderiamos estar falando de calquera narrador realista. Realismo do que tampouco renega, nin moito menos. O segredo da narrativa deste autor é outro, reside na capacidade polisémica dos seus textos. Uns textos que, curiosamente e de primeiras, non parecen apuntar a nada diso. Mais as cousas son sempre como rematan e non como comezan. Porén, ese retrato social e individual que Fran realiza en cada discurso, ten a virtude de focalizar todo o que non se di nel. De xeito que, escribindo sobre o que escribe, tamén escribe sobre o que deixa fóra, sobre a realidade complementaria. Sendo así que a súa escrita é inversa e este xuízo tamén aplicábel á poesía.
1 comentario »
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
2011-12-14 @ 5.14 p.m.
[...] Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación sobre Ninguén, de Fran [...]