ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

comentario sobre os Premios da Crítica

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 23 Outubro 2011 @ 3:54 p.m.

Vaian, primeiro de nada, os meus parabéns aos premiados.

Para Ana Romaní, un premio para«todas e todos aqueles que traballaron para que haxa un outro horizonte nesta lingua»

Para Rodrigo Romaní, á fronte desa marabilla que é Son de seu

Para Ángela de la Cruz, o Proxecto Terra e Chévere

E para Jorge Mira, o coñecido colaborador do programa Cifras e Letras. Eu son de letras, mais recoñezo o inmenso valor que a actividade que desenvolve Mira como dinamizador so coñecemento científico entre a xente. Para os pouco científicos coma min resulta fundamental.

O que eu non teño moi claro é que a demostración de que o bilinguísmo é posíbel sexa algo positivo para os intereses da lingua galega. Nada claro. Supón, en boa parte, renuncia a que a lingua galega sexa vehículo de coñecemento universal. Así o entendo. A ollos da xente da rúa supón dar carta de admisión a unha lingua que non é nosa, que nos foi imposta, que nos está sendo imposta coa finalidade de erradicar a nosa. Á xente da rúa tanto lle vai dar que que se erradique o galego ou non, o que queren é comodidade e inmediatez. Triste, mais é así, así de revelador.

Vista a marcha desta anotación, a dinámica pediría que agora escribira algo para cada un dos premiados.Que queren que lles diga. O libro de Ana Romaní é algo así como a rompedora intelixencia da emoción, un libro feito con cabeza e moito corazón estremas. De Rodrigo Romaní e Son de seu, calquera ocusa que escriba vai ser inxusta porque non vai significar todo o que son de seu ( e, paréceme, aínda insuficientmente recoñecidos na Galiza.E o mesmo cabe sinalar para Chévere, por moito que lles doia aos ultradereitosos, Chévere, e desde hai décadas, é un motivo de orgullo para todos aqueles que defenden sen ambiguidades a cultura galega. Coñezo menos o Proxecto Terra e a Ángela de la Cruz, mais non tanto como para dubidar seren merecentes.

Quero iso si, reclamarlles, a todos, unha cousa. Que ese Premio da Crítica non sexa un oabxectivo final acadado. Que o tomen como un estímulo para seguir, con máis convicción, traballando por Caliza, polas diferentes caras que poñen guapa a cultura galega, porque tendo ela boa saúde non ha ser menos a nosa.

Se che dan un pemio polo que fixeches, iso é un recoñecemnto moi importante. Mais sería inxusto que acabara aí. Non interesa tanto un minuto de gloria como como saber, aínda que só sexa intimamente, que traballamos para a gloria inmorrente daquela cultura que engrandecemos

5 Comments

  1. isabel:

    1. O artigo de Mira non defende o bilingüismo, fai unha análise do conflito dende unha serie de parámetros que inciden nel.
    2. É o primeiro traballo de investigación que integra o labor dun físico, un matemático e un lingüista, polo tanto que adopta a multidisciplinariedade para a análise dun fenómeno cultural de primeira orde en Galicia, un problema que queirámolo ver ou non existe.Ademais situou esta problemática nos circuítos máis relevantes dos estudos científicos.
    3. O método empregado por Mira revela que o galego ten futuro na medida en que os seus falantes queiran conservalo, en especial dende o punto de vista do estatus, o que ten que ver co prestixio, a utilidade e a creación de imaxes positivas que acentúen a idea de que falar en galego non é un atranco, é unha riqueza.
    4. Unha lingua terá máis futuro na medida en que os seus falantes perciban que teñen garantidos todos os seus usos sociais, o que nos dous últimos anos non se pode dicir que avance, senón que experimenta día a día un retroceso innegable, especialmente no que se refire á administración, aos medios de comunicación, etc.
    5. Esta investigación sitúa a lingua galega e a súa situación en foros de repercusión universal e o labor de divulgación científica e difusión dun dos seus autores trae á lingua galega o coñecemento científico universal.

  2. xmeyre:

    Non pretendía discutir o valor do traballo de Mira, nin moito menos. Mais alégrome de escribir o que escribín sequera polas túas esclarecedoras palabras, isabel. O meu medo é que á xente chégalle outra imaxe. Á xente comezando polos medios de información, que aproveitan a “rara natureza” do traballo para encher liñas sen ter que pararse a tratar polo miúdo a finalidade do traballo e as súas implicación no agora de xa.
    Por iso o premio debe servir como acicate para un esforzo máis, ou polo menos para ratificar un camiño.

  3. Premios da Crítica Galicia » Blog Archive » Os Premios da Crítica Galicia 2011 nos medios:

    […] sobre os Premios da Crítica» (Xosé Manuel Eyré, […]

  4. Coñécense os gañadores dos Premios da Crítica Galicia 2011 | ::Axenda cultural AELG:::

    […] e Que pasa na Costa, Galaxia, Baía Edicións, e nos blogs Brétemas (Manuel Bragado) e Ferradura en tránsito (Xosé Manuel Eyré). window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = […]

  5. Os Premios da Crítica Galicia 2011 nos medios | Premios da Crítica Galicia | Premios da Crítica Galicia:

    […] sobre os Premios da Crítica» (Xosé Manuel Eyré, […]

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.