arquitectura narrativa de Ninguén
Dixen, nunha anotación anterior, que me gustaría ter tempo para facer un estudo comparado da tratamento da soidade en Males de cabeza e Ninguén. Sen esquecer a implicación que niso ten a arquitectura narrativa en ambos casos. Mais por agora ímonos contentar coa correspondente a Ninguén
Dixen tamén que a literatura de Fran Alonso é das que contan máis do que din. Que nese particular savoir faire radica un dos engados da súa narrativa. E digo particular porque o equilibrio entre o que se conta e o que se suxire, nesta novela, é tan difícil de lograr com que non caian a o chan os obxectos malabáricos. Iso si, sen pirotecnia, sen pirotecnia ningunha, desde unha exposición que aposta pola linuguaxe clara. Porque é precisamente na arquitectura onde o autor vai poñer toda a súa atención.
A novela ( vexan que xa non teño dúbidas en adscribila xenericamente ) componse de 10 relatos entrecurados con outros tantos hoax. Aparentemente non teñen nada que ver, ou moi pouco, aínda que, de cando en vez, si é posíbel establecer esa relación, e por se alguén caeu na tentación de considerar o conxunto como unha simple sucesión de relatos e microrrelatos, no de remate déixase claro o motivo da súa inclusión . Como tampouco o título tería nada que ver co contido a menos que os lectores establezamos esa pertinencia. É dicir, Fran Alonso, moi conscientemente, procura lectores activos, lectores que teñan o texto como lago máis, moito máis, que un espectáculo de palabras, lectores reflexivos, lectores que queiran ir máis alá do texto. Lectores rebeldes, insubmisos. Porque hai moito contra o que se rebelar. Submisión é delito, delito contra o progreso, contra a mesma humanidade se algo dela aniña aínda en nós
Mais se por unha banda se esixe esa actitude, de inicio e con toda a delicadeza do mundo, segundo se vai lendo lémbrasenos ( tamén con moita delicadeza, pola actitude narrativa e non con palabras) que estamos a ler un libro, que lle poñamos atención. E mesmo asistimos a amagos de querer chegar a unha estrutura envolvente, onde as personaxes de interrelacionen de relato en relato, que finalmentre quedarán niso, en suxestións.
Seguindo este xogo Fran Alonso inclusive é quen de proxectar a figura autorial sobre o texto, e outra volta volvemos falar de delicadeza, ou de pericia no manexo sa suxestión. De xeito que o produto libresco que se está a ler sexa tido como parte integrante do mundo, que a esfera literaria non é outro planeta, un planeta de seres curiosos que se adican a inventar historias. E para proba velaquí esta Ninguén. Ata que punto é froito ficticio? Acaso non é traslación do que vemos/vivimos todos os días.
Antes adscribín Ninguén á novela. Permítaseme agora definila. Ninguén: colmea sen raíña.
Escollo colmea, e non outro termo, porque tamén fai referencia ao habitáculo. Tamén porque lembra a novela de CJ Cela. Iso si, Fran Alonso vai bastante máis alá de Cela. Bastante. En menos espazo fai o mesmo, mesmo, outro tour de force, malia o estilo antes comentado, logra crear diferentes climas, diferentes ambientes, e, por suposto, a novela de Fran Alonso responde a un estudo, a unha observación e posterior estudo da sociedade bastante máis notábel. Dito con outras palabras: porque Fran Alonso séntese, sábese, integrante desa sociedade, da sociedade tanto real como ficticia, e indiscutibelmente toma partido pola evolución fronte á submisión.
Velaquí a crítica de Ramón Nicolás.
Velaquí unha entrevista co autor
1 comentario »
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
2011-12-15 @ 12.27 p.m.
[...] crítico Xosé Manuel Eyré publicou no seu blog unha nova anotación sobre Ninguén, de Fran [...]