ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Novembro, 2011

de inventio

Posted: Mércores, Novembro 30th, 2011 @ 5:16 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en de inventio

Han ter algún trebello deses pola casa, unha calculadora. Seguramente de marca xaponesa ou estadounidense. E convirá comigo en que a sociedade actual é fondamente numérica, sen números non podes vivir. Numérica e aritmética. E moitos, sobre todo os máis novos, veno como algo natural, como se sempre fora así. E non foi. Eu lembro […]

a democracia disfuncional

Posted: Martes, Novembro 29th, 2011 @ 5:32 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en a democracia disfuncional

DISFUNCIÓN ELECTORAL-MEDIÁTICA Unha das preocupacións no ámbito político: que os sucesores dos primeiros espadas, se non teñen acta de deputado, perden impacto mediático e fican diluídos na complexa actualidade diaria. Mais non é este un problema do sistema, nin moito menos. Sería curioso, cando menos “curioso” que os posíbeis candidatos ao relevo á fronte dos […]

subliñados dos “versos fatídicos”

Posted: Luns, Novembro 28th, 2011 @ 6:12 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en subliñados dos “versos fatídicos”

O poemario de Alfe¡redo Ferreiro é unha das lecturas que fago esta semana ( terei pouco tempo, así que tocan dúas…). Velaquí dispoñen, xa, dunha achega de Armando Requeixo. Trátase dun poemario certamente complexo e heteroxéneo. Mentres me vou formulando os primeiros xuízos, deixo aquí os, tamén primeiros, subliñados: A noite é un niño invertido […]

Suso de Toro e os destrutores de mitos

Posted: Domingo, Novembro 27th, 2011 @ 4:01 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA | 1 Comment »

Dúranme aínda os ecos da velada que en Codeseda (A Estrada) nos xuntou  a debater en conversa a  redor do mito. Temo e agardo que tampouco se apaguen agora. Agora lembro que un dos meirandes destrutores de mitos da actualidade é Suso de Toro. Nunca cesou nese afán. E del se recollen algúns dos mellores […]

mito, BNG e medias

Posted: Venres, Novembro 25th, 2011 @ 5:36 p.m. in manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en mito, BNG e medias

Ando mirando cousas sobre o mito.  Curiosamente é un tema no que teño as ideas moi claras. Ainda que foi algo moi pouco tratado alá desde os inicios do XX, e con ser un tema extraordinariamente importante tanto no eido literario como no filosófico. Dous eidos extraordinariamente importantes no relativo ao coñecemento humano, e sen […]

para loitar contra a crise

Posted: Xoves, Novembro 24th, 2011 @ 6:06 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en para loitar contra a crise

Eh, señora; mire, cabaleiro; estarán vostedes ao tanto da noticia esa do desaloxo dos okupas da sala Yago de Santiago de Compostela. E seguramente, tamén, coma claquera da rúa, estará vostede preocupad+ pola crise, esa crise onde os europeos se está decatando de que as medidas tomadas foron negativas, que non había que facer recortes. […]

Extramunde e as inter-ferencias

Posted: Mércores, Novembro 23rd, 2011 @ 6:12 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, manipualción informativa, MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 4 Comments »

Sento escribir sobre un aspecto que non toquei na crítica de Extramunde de Xavier Queipo. O correo pídeme que o abra, vai sobre o desaloxo do Yago compostelán. Avísanme do vocaulario rabioso con que LVG trata o tema. Por xente que estivo dentro sei que todo isto que saca agora LVG é pura mentira, puro delirio […]

BNG, Galiza, futuro…

Posted: Martes, Novembro 22nd, 2011 @ 5:01 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 3 Comments »

Fan moi ben desde o BNG en lembrar que a voz de Galiza en Madrid son os dous deputados nacionalistas. O resto, a procesión dos caladiños. Do resto…Entramos en época de análises. E, máis curtas ou máis extensas, van a aparecendo. Loxicamente. Vou ocuparme agora do relativo ao BNG, que é o que me interesa. […]

lendo a foto de Raxoi

Posted: Luns, Novembro 21st, 2011 @ 4:49 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | 1 Comment »

Véxana en LVG, a foto, tamén a vin en Público, a foto do bico de Raxoi. Mais a cousa non é vela, con vela non se arranxa nada de nada. Hai que lela, que tampouco é tan complicado. E, pois leamos. Vese a un Raxoi que enlaza, polo colo, á muller bicada. Vese a unha […]

reflexión chuviñenta

Posted: Venres, Novembro 18th, 2011 @ 9:07 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en reflexión chuviñenta

Veña, a reflexionar, velaí a xornada de reflexión, ás portas, chuviñentas. Que hai que reflexionar. Por exemplo. Zapatero foi o sucesor de González, e acabamos como acabamos. Raxoi será o sucesor de Aznar, nunca acabaremos tan ben como estamos despois do Atila de los Hilillos tomar o mando. Miren que digo que Zapatero sucede a […]