ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Extramunde e as inter-ferencias

Sento escribir sobre un aspecto que non toquei na crítica de Extramunde de Xavier Queipo.

O correo pídeme que o abra, vai sobre o desaloxo do Yago compostelán. Avísanme do vocaulario rabioso con que LVG trata o tema. Por xente que estivo dentro sei que todo isto que saca agora LVG é pura mentira, puro delirio ultradereitista. LVG e secuaces van recurdecer a linguaxe ultra, xa verán. E, se só fora a linguaxe, mais a linguaxe crea estados de opinión, conciencias. Vexan un claro caso de manipulación a prol de Raxoi : Aumenta a presión sobre Raxoi para que adopte reformas radicais. Xa podes ser un auténtico cafre, que con estas coberturas has pasar por santo! Anda que Raxoi non ha facer o que queira, agora a culpa é das presións!

Na novela de Queipo hai dous momentos perigosos, xoga con lume. O primeiro deles son os cristais. Escribo de memoria, mais lembro que hai unha vez que fala de que escachan os cristais ( creo lembrar, das ventás). O cristal é coñecido desde hai ben tempo, e o iso nos rosetóns das catedrais e igrexas, como obxecto ornamental, é ben vello. Outra cousa é o uso doméstico. Estamos ( a novela ) no XVI, non son un experto mais paréceme demasiado cedo.

Nova mensaxe de correo. Vai sobre como o sistema de reparto de escanos favorece, clarisimamente, os partidos máis votados. Vexan, xulguen

E un segundo momento, contra o remate, cando un portugués recoñece na fala do de Extramunde, un portugués arcaico. Tamén me parece demasiada hipérbole. Estamos no XVI, as diferenzas aínda non eran para tanto. Ademais este caso constitúe unha interferencia do escritor na voz no discurso, e deslixitímao por moi omnisciente que sexa xa que só un narrador experiente en asuntos lingüísticos e posterior ao XVI pode emitir un xuízo semellante

Outro aviso, a paranoia de UPyD. E dirase demócrata ela, a Rosa Díez! Ningún demócrata pode negarlle lexitimidade a Amaiur, negarse a falar con eles é un síntoma de intransixencia brutal. A comparanza debería ser entre Rosa Díez e Hitler!

Quero rematar con este vídeo de Carlos Blanco, que clariño di as cousas!

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/HX8z0AbG_fU" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

4 Comments

  1. Xavier Queipo:

    http://historiaeconmicadelaedadmoderna.blogspot.com/search?q=cristales

    Fálase aquí (naligazón )do auxe da produción de vidro, pola utilización de cristais nas fiestras. Consulteino antes de me aventurar a escribilo. Coido que neste punto poderías rectificar. O da separación do galego e o portugués se cadra é discutíbel e non sendo experto non podo xulgar, mais que non eran xa a mesma lingua paréceme claro
    Unha aperta

  2. xmeyre:

    Se dicía que xogabas con lume, agora teño que dicir outra cousa, Extramunde tamén me serviu para aprender. Non tiña a certeza e por algo non o incluín na crítica. Non só rectifico senón que o fago contento, xa sei máis.
    Respecto do idioma, á marxe de que me siga parecendo esaxerado, algo sei mais tampouco seon experto, sigo pensando que se trata dunha incursión do discurso autorial no narratatorial.
    Beizón, Xavier.

  3. Xavier Queipo:

    Grazas polas túas palabras e sinto ter reaccionado “en quente”. O establecemento da Corte en Lisboa en 1255, propiciou a mestura do “galego” que falaban os portugueses coas linguas mozárabes ata constituir o portugués-patrón o que levou, ao meu parecer de non experto, a unha separación das dúas linguas. Trescentos anos despois (século XVI) eu asumín, se cadra “aventurei”, que as linguas soarían diferentes. Probabelmente tenhas razón na calificación de “incursión do discurso autorial na narración”. Que che parece un empate. Apertas
    Xavier Queipo

  4. xmeyre:

    Non teño nada que desculpar,Xavier, senón que agradecer. E como isto non é unha competeción gañamos os dous.
    Beizón

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.