ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

Archive for Decembro, 2011

Feliz 1939

Posted: Sábado, Decembro 31st, 2011 @ 9:40 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en Feliz 1939

Porque non pasamos de 2011 a 2012. Retrocedemos 82 anos. 82. E igual non queda aí a cousa. Este é tempo de botar  a vista atrás, de facer contas. E de pensar en expectativas, porque tamén tempo da estúpida ilusión de que nós somos os donos do noso destino. Que podemos ser mellores e máis […]

perante a chegada do segundo prestige, aviso para incautos

Posted: Venres, Decembro 30th, 2011 @ 9:21 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en perante a chegada do segundo prestige, aviso para incautos

Hai nove anos, nove. Naquel 2002. O que o hoxe preside o goberno do estado español, daquela metía a gadoupa deica o fondo cos famosos hilitos de plastilina. Chamoume a atención que durante a campaña electoral non se lle lebrara con insistencia e convicción. Éme moi difícil entender, moi difícil, que non se fixera. A […]

crise, crimes e económicos e encubridores

Posted: Xoves, Decembro 29th, 2011 @ 9:21 p.m. in MENTIRAS NOS MEDIOS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en crise, crimes e económicos e encubridores

É agora, nos momentos de crise económica, fonda, cando as hipocrisías sociais saen á luz. Refírome a esas hipocrisías de “facer a vista gorda”. Facer a vista gorda, conduta moi típica e tópica, nos reximes políticos totalitarios…deixémonos de eufemística…nas ditaduras e sociedades corruptas. Confronten, se for súa vontade, a maneira de saír ca crise en […]

cando Franco volveu resucitar

Posted: Mércores, Decembro 28th, 2011 @ 4:34 p.m. in POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en cando Franco volveu resucitar

Hai unha cousa que me indigna. Que foi moita a xente que perdeu a vida, que perdeu todos os seus haberes, que perdeu o seu traballo, que foi encarcerada, que foi obrigada a marchar ao exilio, que foi socialmente marxinada e perseguida a causa de ter outras ideas… Hai esa cousa que me indigna e […]

sobre a narrativa hiperbreve, microbios e outros paquidermos

Posted: Martes, Decembro 27th, 2011 @ 4:32 p.m. in ACTUALIDADE LITERARIA, CRÓNICA DA CRÍTICA, LITERATURA MÍNIMA | Comentarios desactivados en sobre a narrativa hiperbreve, microbios e outros paquidermos

Pertence a o título que teño entre mans esta semana, autoría de Fernando Díaz-Castroverde. Aquí, poden ler a crítica de Francisco Martíbez Bouzas. A tradición galega de Literatura Mínima ou Hiperbreve é ben longa no tempo. E pasmosamente coincidente coa evolución deste non-xénero a nivel internacional. Porque se esta manifestación escritural ten, en hispanoamérica, que […]

mensaxe de Nadal para Cunqueiro

Posted: Luns, Decembro 26th, 2011 @ 4:19 p.m. in LINGUA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, VARIA NATURA | Comentarios desactivados en mensaxe de Nadal para Cunqueiro

Meu señor, que agora habitades no Olimpo da palabra excelsa, non vos importunedes porque este humilde escribidor de soños alleos reclame un intre a vosa atención. Neste inverno de sol morno e xeada preguiceira, as necesidades son moitas e entre elas cómpre salientar a escaseza de cordura e corazóns limpos. Saberás que desde alén mar […]

algo cheira mal no asunto vicens-vives

Posted: Sábado, Decembro 24th, 2011 @ 12:41 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, manipualción informativa, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en algo cheira mal no asunto vicens-vives

Desde o principio. Ou son eu o único que pensa que a editorial tardou moito en facer oír a súa voz? Ou son eu o único que pensa que a actitude agardábel nunha editorial sería a defensa do equipo que confeccionou o texto? Ou son eu o único que pensa que o mesmo equipo redactor, […]

dous microcontos e un microconto tráxico

Posted: Venres, Decembro 23rd, 2011 @ 10:18 p.m. in VARIA NATURA | Comentarios desactivados en dous microcontos e un microconto tráxico

Todos extraídos da vida real, non vaina pensar. 1) Xa sei como saen os nenos das barrigas das mamás… agora quédame saber como entran! 2) Foi en Ourense, toparon un veciños e foron  a unha cantina matar o tempo que faltaba para a saída da Directa. O rapaz non lle quitaba o ollo daquela cousa. […]

lectura, a pestilencia do PP e o M5.1

Posted: Xoves, Decembro 22nd, 2011 @ 9:39 p.m. in EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA | Comentarios desactivados en lectura, a pestilencia do PP e o M5.1

Ler, xa non é cousa de xuntar letras, facer sílabas e coas sílabas palabras. Iso valía hai cen anos. Hoxe, non. A dupla articulación da linguaxe ficou pequena. E sábese desde hai tempo. Coma no sucediodo aquel no que un feirante aseguraba á concorrencia que o seu burro sabía ler, e poñíalle o xornal diante, […]

grandes esperanzas…

Posted: Mércores, Decembro 21st, 2011 @ 9:58 p.m. in CRÓNICA DA CRÍTICA, POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA, sétima arte | Comentarios desactivados en grandes esperanzas…

Por exemplo, que o 22 lles toque a vostedes a lotaría. Se se cumpre o meu desexo, teñan por seguro que me considerarei ditoso. Por exemplo, en que non me acabe callando esta ameaza de gripazo que me consome. Un ha de conformarse con estas couas, xa que esperanzas en que o equipo Raxoi remate […]