ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

no día da democracia intransixente española

Filed under: manipualción informativa,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 6 Decembro 2011 @ 12:11 p.m.

Digo isto no día que se celebra o Día da Constitución.

Digo que este día debería ser un día para a Concordia. Inclusive os que, coma min, se senten aconstitucioanis porque a actual non é/foi mais que un apaño para seguir mantendo  no pder, as forzas vivas, é dicir, o franquismo….Inclusive os que coma min estamos absolutamente defraudados por unha Constitución que gañamos a pulso e nos foi concedida “de graza”…Inclusive os que coma min loitamos por saír da noite…Inclusive nós non refugamos un día para a Concordia, aínda que esta se exprese nalgo tan decepcionante como a Constitución.

Porque, a ver, para que serve a Constitución, ademais de para que os rapaces fagan bonitas redaccións mentando ideais que, depois, día a día os mesmos políticos que lles celebran a escrita incumpran premeditadamente eses bonitos ideais?

Con Constitución, os que nos declaramos independentistas sabémonos perseguidos. Non o di a Constitución, mais desde instancias PP-PSOE está prohibido der indepentista. PRO-HI-BI-DO. Non temos dereito a pensar tal cousa, só está permitido e premiado o españolismo. Nós non temos dereito a saber que Galiza é un reino moito máis antigo que Castela ou España. Nós non temos dereito a termos reis propios, nón, para que non os teñamos memso contan mal. Nós non temos dereito a posuír unha xeografía diferenciada, para iso xa nos furan os montes, xa as nosas costas inzan de cemento…Nós non temos dereito ningún sobre os nosos recursos, e págannos menos o leite, e lévannos a forza dos ríos, a forza dos ventos, e arbitraron que pescabamos demasiado, e impuxeron no noso agro un modelo comercial que atentaba contra a nosa tradición e contra a razón, até os resíduos nolos manipulan…

Non.

Nós non temos dereito ningún, só o deber de estar calados e desparecer sen facer ruído. Estórballes a nosa lingua, en el castellano no se pone el sol, porque desde a nosa lingua pensamos distinto e sabemos que hai cousa pequenas, outras máis pequenas son pequeniñas, máis pequenas que as pequeniñas son as pequerrequechiñas…mais queren que só haxa cousas pequeñitas porque non dan para máis, eles dirían que no pueden máis mais nós sabemos que non é o mesmo poder que dar. Estórballes a nosa música, todo debe ser territorio Bisbal, territorio Chenoa, territorio Rosa de España…Uxía, Ruxe-Ruxe, Zénzar: unha panda de alucinados que restan vendas a Extremoduro, Celtas Cortos…que a fin de contas son de onde hai que ser. Estórballes a nosa literatura, Machado, Delibes, Juan Ramón Jiménez, eses si que eran, Rosalía, Castelao, Cabanillas, Martin Codax, Padre Sarmiento, Manuel Antonio, Ferrín, Carlos Casares, Roberto Vidal Bolaño, Chus Pato…vaia mangado de argalleiros dicindo que son escritores, hai que escribir nunha lingua seria e non nunha expresión verbal localista e exótica!

Digo isto porque as últimas detencións de independentistas son puro noxo. Nunca defendín nin defenderei a violencia, calquera violencia me agrede. Mais é que estou temendo que calquera día veñan por min, sobre a mesa teño sete mecheiros e seguro que os consideran material terrorista! Non cabe dúbida de que existe unha campaña orquestrada contra o nacionalismo, na que participan as forzas de seguridade e tamén os medios de comunicación. Non é casual que esas detencións se produciran cando se produciron. Non é casual que Conde Roa usara a forza de seguridade na sala Yago, os activistas culturais magoábano máis a el que aos donos da sala, a ppoli actuou porque Conde Roa lleo pediu e non os donos. Non é casual que Conde Roa trate de identificar activismo cultural con activismo independentista e polo tanto criminal.

Tamén teño moitos libros, seguro que han disfrutar facendo unha boa cacharela, ha parecerse á queima da biblioteca de Casares Quiroga, ha, alí no Cantón. Dalgunha maneira teñen que quentar o sangue.

Tamén teño coitelo de matar os porcos, e soplete para os queimar. E rebarbadora, e motoserra, varias fouces, angazos. Debo ser un terrorista consumado e perigosísimo. Porque ademais non sintonizo, nadiña, cos Borbóns e a súa corte de badulaques que vivien do conto e a  conta nosa. E falo e escribo en lingua galega e fágoo porque o castelán non me serve porque non é quen de expresar o mundo que levo dentro, por suposto non son bilingüe, ese atraso queda para os madrileños e salmantinos e corbodeses etc, que non teñen culpa?, todos non a terán, mais sempre ten culpa quen non recoñece a diferenza e quere que todo sexa á súa imaxe e semellanza…

Que lle imos facer, por riba árdeme o peito de fachenda! E non quero ser coma vós, imperialistas madrileñís, porque é ser moi pouca cousa, porque é moi pouca cousa quen traizoa a razón, a Historia, os sentimentos, a cultura…da terra que lle amamantou o nacer, moi pouca cousa…

Son moi pouca cousa os que viñeron pola miña avoa materna ( viúva e cunha filla, un bebé). Son moi pouca cousa os que viñeron polo meu avó paterno (polo simple feito de que non lles caía ben). Moi pouca cousa, porque iso non é de persoas.

E vai e goberna un nostálxico deses tempos e desas actitudes. Dous, un na Galiza e outro en España. O da Galiza, de mans dadas con LVG, o xornal de Santiago Rey y Cierra ( Ollo, na maioría,inmensa, do territoria da lingua na que non s epon o sol, ese Cierra lese Sierra) España, ese xornal que trata peor os detidos que a calquera outro criminal, mesmo dá nomes e apelidos, que non se fai nin cos violadores e maltratadores.

Non só eles, senón que polo que teño entendido, o xuíz que os prendeu é membro do PP.

Isto xa pasou, cando o Golpe de Estado Franquista. Despois berrábase “Viva España” / “Arriba España” / “Franco!, Franco!, Franco!” (Oiu/leu, desmemoriado señor Bono?)

Agora haberá que dicir “Viva  Democracia Intransixente Española”, “Viva o PP”.

E como non o digas virán por ti.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.