ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

da indignación á non-historia

Se digo que non me sae da cabeza o da campaña orquestrada contra o independentismo galego, despois da longa anotación anterior, a ninguén sorprenderá. É así, a tal punto, que me custa tarballo desenvolver os actos cotiáns, como se foran dúas cousas distintas, dous mundos distintos.Máxime hoxe, despois da “broma” de Lugo. Ser, será borma, será, mais resulta demasiado curioso que esa “broma” beneficie o PP e os centralistas. A alarma creada na cidade da muralla foi de campionato. E a asimilación da escandalosa noticia produciuse co independentismo galego, imposíbel non facelo cando sucede xusto despois das detencións en Vigo, Padrón e Lugo. Velaquí teñen unha crónica do suceso, leáno con atención, contrasten coas “informacións” que a LVG e secuaces medios de comunicación, o destes impresentábeis que din ser xornalistas parécese máis a un chiste macabro.

Por certo, e como se chaman, cal é o seu nome, o destes bromistas tan oportunos? Porque deles non se di o nome?

Non sei de ían atentar, os de Resistencia Galega, ou non. Repito, toda violencia me agrede. O que sei sei é que para nada estorbaron a vida normal da xente. Mestes que estes “bromistas” si a alteraron. E teño as miñas dúbidas de que todos os presuntos terroristas detidos pretenderan algunha acción violenta. Pola contra, si teño coñecemento da recoñecida valía humana dalgúns deses detidos. Diso e da seriedade e rigor no seu traballo. Mais claro, son independentistas, pecado mortal, non teñen dereito nin a respirar.

Nestas resúltame complicado escribir sobre As fiandeiras, unha novela certamente complexa. Tívena que ler, atentamente, dúas veces. Creo que nunca me pasara tal cousa, nunha novela desas dimensións. Observen que xa non teño dúbidas en chamarlle novela. É unha novela, unh anovela moi ousada aínda que pareza que nela opera/operou un grande “despiste”.

Dá a impresión de que a novela de Antonio Piñeiro é o real ( de feito é novela moi realista) mentres que a realidade é un pesadelo subrealista,

2 Comments

  1. Marga do Val:

    Concordo… E a nós tamén nos van acusar de ser independentistas!!!!
    Independencia… Esa palabra pola que loitamos tamán cando falamos de literatura galega, de lingua galega…
    da Nós… de ti… de min…
    Xa sabemos desa opereta madrileña!!!
    Canta razón a de Manuel Antonio…
    Qu ben redactou a súa tese Antom Santos!!!!

  2. xmeyre:

    Velaquí, o que vale esta democracia de cortello. Tan democracia é que os que non teñamos ideoloxía centralista estamos a ser perseguidos polas forzas correccionais do estado, a intancias dun partido PP, coa covarde indiferenza ou connivencia do PSOE ( e total alegría de UPyD).
    Ti, Marga, lembrches a Manuel Antonio. Eu quero lembrar a Rosalía, nunca debemos chamarnos castellanos…

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.