ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

nin calados nin quedos, que dimita o inútil do Valedor!

Filed under: EDUCACIÓN, ENSINO, ESAS COUSAS,LINGUA — 12 Decembro 2011 @ 6:12 p.m.

Velaí teñen a noticia.

Que non é nada novo. Simple constatación de que o Valedor está aí para amargarnos a vida aos galegofalantes.

Un impresentábel máis de UPyD ( Unión Patriotera y Demoníaca), que este indivíduo non fico o que fixo procurando algún ben do ensino. Fíxoo por fodernos, así de claro.

Non quedamos coa boquiña pechada. Nin imos quedar de brazos cruzados. Este xoves, ás 1130 AM, hai convocada unha concentración diante da oficina do Valedor. E aí podedes encontrar como enviar unha queixa á Presidenta do Parlamento.

Quero ademais pedir unha outra cousa. Cada vez que nun libro en castelán encontremos que maltrate Galiza, pois xa sabemos como e que debemos facer. Cando vexades un La Coruña nun libro de texto, xa sabedes. Só para empezar, claro. Porque o que temos aturado non é nada co dese indíduo upeideiro. E non parar, non parar nunca.

E rematar, como non, facendo un chamamento aos pais e ANPAs e as asociaciones afectadas, para que exixan dos profesores que impartan unha información obxectiva, o máis exacta e completa posible, asegurándose de usar libros que tamén cumpran eses requisitos. Como fixo o ghuicho.

 

6 Comments

  1. Antón:

    Ogalla que esta enésima aldraxe sexa o comezo da unión que nos faga espertar, porque non podemos seguir deste xeito. Temos que deixarmos ó fin de loitas cainitas e comenenciudas (sobor de todo os partidos).
    Deixarmos de que se o encontro irmandiño, que se + Galicia, que se UPG, que se FPG, que se BNG, que se centristas, que se marxistas, que se reintegratas, que RAG, que se pataquín, que se patacán… PRIMEIRO GALEGOS!!
    un saúdo

  2. xmeyre:

    Ninguén é mellor galego por ser da UPG ou de EI, reitegrado ou oficilista, etecé. Todos xuntos somos GALEGOS, non galleguiños…eses son os vendepatrias do PP e PSOE. Os vendepatrias, afortunadamente non todos os PP e PSOE son así, Caamaño ou Cuiña Jr. son dous exemplos.
    Beizón, Antón

  3. manuel rodríguez alonso:

    Estou plenamente de acordo co que dis sobre o asunto do libro de Vicens. Algún día teremos que falar da autocensura que nos impoñemos os autoes de materais en galego e de galego para o ensino. Eu levo traballando nese eido desde 1977 e a censura que nos impoñen moitas editoriais é tremenda (eu no ano 1996 tiven que retirar dun libro de terceiro da ESO o poema de Curros á chegada da primeira locomotora a Ourense, porque os da editorial me dixeron que de ningún xeito se podía publicar aquilo, pois desgustaría os posibles clientes dos colexicos concertados e privados rexidos por ordes relixiosas… Vin corrixido tamén nun libro de Bacharelato a expresión da extensión das linguas románicas, desde Fisterra a Romanía, pola desde Tarifa a Romanía…) Só non tiven problemas deste tipo cunha editorial… As demais sempre obsesionadas por non molestar. E por non falar da inspección da Xunta no que se refire a suposta corrección: o primeiro que che din é que nada que non estea no VOLGa nin nos aspectos máis rechamantes da normativa oficial… Por outra banda, tamén se nos di, cando exista un sinónimo galego que sexa equivalente ao castelán pois hai que elixir o común castelán. Así nada de aparellos dixestivo ou circulatorio, senón aparato. Non hai bágoas senón lágrimas, os cantís non aparecen porque están os acantilados… En fin, o asoballamento no só é explícito, senón tamén implícito. Hai unha autocensura nos materiais didácticos da que haberá que falar. Non podemos tocar xeralmente nos libros de texto quen foron os que se opuxeron á que o galego non sexa de obrigado coñecemento, coma o castelán… nin aludir á situación de inferioridade en que o deixa a Constitución de 1977 e as sentenzas do TC… Algún día teremos que falar disto polo miúdo… nun Congreso, que non estea promovido e controlado polos todólogos e polos politicamente correctos…

  4. manuel rodriguez alonso:

    Manuel Rodríguez Alonso:
    Plenamente de acordo. Haberá que falar algún día da censura que sufrimos os autores de materiais para o Ensino (eu por exemplo no ano 96 tiven que retirar o poema de Curros á chegada da primeira locomotora a Ourense para non molestar os concertados relixiosos), as escollas que priman o léxico co castelán (aparato dixestivo e non aparello…, acantilado e non cantil). Tamén a autocensura para que non nos rexeiten os textos e o traballo, do que vivimos. Apertas.

  5. manuel rodríguez alonso:

    Manuel Rodríguez Alonso:
    Plenamente de acordo. Haberá que falar algún día da censura que sufrimos os autores de materiais para o Ensino (eu por exemplo no ano 96 tiven que retirar o poema de Curros á chegada da primeira locomotora a Ourense para non molestar os concertados relixiosos), as escollas que priman o léxico co castelán (aparato dixestivo e non aparello…, acantilado e non cantil). Tamén a autocensura para que non nos rexeiten os textos e o traballo, do que vivimos. Apertas

  6. xmeyre:

    Primeiro, Manuel, quero pedirche desculpas. O teu comentario foi dar nos spam e non os revisei deica hoxe.Primeiro pedirche desculpas a ti. E despois ao resto de lectores, porque o teu comentario é moi ilustrador. E revelador dunha política cultural errada por entreguista.
    Beizón.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.