aforística cinematográfica en Fantasmas de luz
Velaquí a aforística cinematográfica na novela de Agustín Fernández Paz. E procedencia.
Un consello, antes. Estes textos foron extirpados doutros máis longos, adquirindo novo contexto. Pois ben, deixen que estes textos revivan na súa vida, procúrenlles o novo contexto da súa vida.
Vai:
«Se a cabeza che di unha cousa, e a túa vida che di outra, a cabeza sempre perde». De Caio Longo (31)
……………………………..
«O home que non vive coa súa familia non pode ser un home». De O Padriño ( 31)
……………………………………
«Hai cousas que o pobo non pode enmendar, aquelas que nos feren moi dentro e deixan cicatriz» O señor dos aneis
………………………………………….
«A verdade é ás veces tan amarga que parece fel». Coa morte nos talóns
……………………………………………………..
Só ao soñar temos liberdade, sempre foi así, e sempre será así. O Club dos poetas mortos.
……………………………………………………………
Ás veces o mundo dos vivos mestúrase co dos fantasmas. Os outros
……………………………………………………………………..
O odio é un lastre; a vida é curta demais para estar sempre cabreado. American History X
………………………………………………………………………………
«Se non tivese tanto carto, podería ter sido un bo home». Cidadán Kane
………………………………………………………………………………………..
«Nunca coñeces realmente unha persoa ata que non levaches os seus zapatos e camiñaches con eles.» Matar un reiseñor.
………………………………………………………………………………………………….
Hai momnentos en que un home ten que loitar, e hai momentos en que debe aceptar que perdeu o seu destino, que o barco partíu, que só un iluso seguiría a insistir.» Big Fish
…………………………………………………………………………………..
«É curiosa a vida. Cando es neno o tempo non acaba de pasar. E logo, sen te decatares, tes cincuenta anos e da infancia o único que che queda colle nunha caixa enferruxada». Amélie
……………………………………………………………………….
«O amor: un ano de lume e paixón e trinta de cinsas». O Gatopardo
………………………………………………………
» O amor non obedece ás nosas esperanzas. O seu misterio é puro e absoluto». De As pontes de Madison
………………………………………….
«Prefiro ulir unha vez o seu cabelo, un bico dos seus beizos, un aloumiño da súa man, que toda unha eternidade sen ela» City of Angels
…………………
«Que pacífica sería a vida sen amor. Que segura. Que tranquila. E que insulsa.» O nome da rosa
…………………………
«Entrades cada noite nun estado de coma e soñades; mais de que vos serven os soños se nunca se realizan?» Terminator
…………………………………..
«Un home invisible pode gobernar o mundo! Coñecerei todos os segredos! Roubarei e matarei.» O home invisible.
…………………………………………
«É incrible o que un home pode chegar a facer cando non ten que se mirar nunca máis no espello» O home sen sombra
………………………………………………….
«A vida dun home non vale nada se non vive de acordo coa súa conciencia» A gran proba
……………………………………………………….
«Os vellos soños eran bos soños. Non se cumpriron, mais alégrame saber que algún día os tiven» As pontes de Madison
……………………………………………………………..
«Non esquezan que, a pesar de todo o que lles digan, as palabras e as ideas poden cambiar o mundo». O club dos poetas mortos
……………………………………………………………………..
«O pasado é algo que podemos lembrar pero non tocar, e todo o que se lembra é borroso e vago» Desexando amar.
……………………………………………………………………………….
«Todas as lembranzas son sucos de bágoas» De 2046
………………………………………………………………………………………………
«Ata a persoa máis insignificante pode cambiar o curso do futuro» O señor dos aneis
………………………………………………………………………………..
«Nunca poderán acabar con nós nin esmagarnos. Sempre sairemos adiante porque nosoutros somos o pobo» As uvas da ira
……………………………………………………………..
«-Todo o mundo adora as súas ilusións
-Que as adoran? Necesítanas igual que necesitan o aire!». De Sombras e néboa
1 comentario »
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
2011-12-14 @ 11.26 a.m.
[...] crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en tránsito, a aforística cinematográfica da novela Fantasmas de luz, de Agustín Fernández [...]