ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

algo cheira mal no asunto vicens-vives

Desde o principio.

Ou son eu o único que pensa que a editorial tardou moito en facer oír a súa voz? Ou son eu o único que pensa que a actitude agardábel nunha editorial sería a defensa do equipo que confeccionou o texto? Ou son eu o único que pensa que o mesmo equipo redactor, ou o seu autor, tamén deberían dicir algo, porque en xogoestá o seu prestixio profesional?

Por iso, o que xa teñan corrixido o libro, onde por outra parte non se cometeu ningunha torpeza ou incorrección, a min chéirame moi mal.

Chéirame aínda peor que sexa a Consellería, o Incompetente ppetimetre Xesús Vázquez, quen anuncie tal cousa. Non debera ser a editora? Como é que a Xunta se erixe en voceira da editorial? Como auga que sofoca un incendio, esa información veulles chovida do ceo.

Tamén son docente, e como docente póñome na pel dos colegas da materia correspondente. Así as cousas, como para volver confiar nun texto de Vicens-Vives, vista a pouca seriedade na súa redacción!

E, xa postos, terán que ser Xesús Vazquez, o Incompetente, e mesmo Valedor quen redacte os libros dos nosos nenos.

Por certo, eu nunca deixo de dicirlles aos meus alumnos que a Galiza, na era cristiá, é o reino máis antigo de Europa. Ha doerlle ao indivíduo ese de UPyD, igual que lle doe que o galego sexa a única lingua creada polos galegos, e que o castelán só pode ser considerado lingua invasora, nin nos facía falta nin pedimos que nolo troxeran ( coa súa chegada coincidiu unha recesión económica, cultural, e política, de máis de dous séculos). O veleno ( esquecemento) non é ambrosía, mata.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.