ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

crise, crimes e económicos e encubridores

Filed under: MENTIRAS NOS MEDIOS,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 29 Decembro 2011 @ 9:21 p.m.

É agora, nos momentos de crise económica, fonda, cando as hipocrisías sociais saen á luz. Refírome a esas hipocrisías de “facer a vista gorda”. Facer a vista gorda, conduta moi típica e tópica, nos reximes políticos totalitarios…deixémonos de eufemística…nas ditaduras e sociedades corruptas.

Confronten, se for súa vontade, a maneira de saír ca crise en Grecia, Italia  e España, confronten con Alemania. Nese confrontamento é imprescindíbel incluír a economía submerxida, como índice de corrupción. Tamén covén lembrar que a reducción de impostos é unha das máis eficaces armas para loitar contra esa economía ilegal ( hai quen a chama “infrormal”).

Non lle escapa, a ninguén, que a sociedade española é fondamente hipócrita, fondamente corrupta. Empezado polo “Rei Sol” Xoán Carlos, porque a Casa Real é, nestes tempos de crise, unah sociedade económica privada e libre  de calquera control. Á fronte da cal está un Rei antidemocrático, escollido polo frío xeneral ditador golpista procedente do noroeste, e santificado pola Constitución. Que goza dunha total inmudidade; é irresponsábel, sen máis.

E a prensa? A prensa a bicarlle os pés.Porque me fixo tanto na prensa? Obvio, págaselles para que conten o que pasa. Págaselles. E, se non o fan, encobren. Que tamén é delicto.

Non hai nada saían á luz os haberes das señorías no Hórreo.

Puidemso saber que Xabier Guerra ten  un patrimonio de máis de 15 millóns de euros. Máis, porque ninguén ( eu, polo menos, non) vai crer que non deixaran fóra algo que manexan coa man esquerda, se cadra máis do que declaran. Serei eu moi desconfiado?

Xabier Guerra, Conselleiro de Economía e Industria.

O que botou abaixo un concurso eólico perfectamente legal. Por capricho e porque non lle gustaba que o fixeran alguén que non fora o PP, e porque lle conviña ao PP. O concurso eólico que máis lel conviña a Galiza non lle conviña ao PP.

Xabier Guerra, grande pagador de impostos, si, en Portugal. O mellor Conselleiro de Economía que tivo… a cidade lusa de Porto.

Xabier Guerra, sóanlles os líos do IGAPE, a operación Campión e todo iso? EL é o máximo resposábel.
Diso e de moitas máis cousas. Comparen as cifras económicas de hoxe coas do tempo do bipartito. Comparen. Fagan o que non fai LVG, esa que tanto clamaba contra o concurso eólico do bipartito. E lembren, calar, facer a vista gorda é o mesmo que ser cómplice. E as complicidades hai que facelas pagar.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.