ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

LVG: a gran mentira…

Filed under: manipualción informativa,POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 11 Xaneiro 2012 @ 6:56 p.m.

Isto é o que ves se queres acceder ás informacións de LVG e non estás identificado. Non vou discutir a legalidade da decisión, e sei que non son os únicos en facelo. Porén, á marxe da legalidade, non deixo de pensar que isto supón control de quen son os receptores, e iso xa é outra cousa. Porque o acceso á información debe ser libre e universal. E o requisito da identificación previa bota por terra que sexa así; eles saben quen es ti, e non terían porque sabelo, sabelo supón exercer control sobre os receptores.

Que LVG anda en moitos problemas é ben sabido. Que eses problemas veñen derivados da nefasta xestión do seu dono, tampouco se lle esconde a ninguén. E que é a Xunta, con cartos teus e meus, quen remata pagando os caprichos de Santi Rei y Cierra España, tampouco. Eu, por exemplo, teño serias dúbidas de que LVG seguira saínda á rúa de non ser polas enormes axudas que a Xunta desembolsa no seu peto. Moitísimas. Eu, por exemplo, non teño dúbida de que A Nosa Terra, Xornal de Galicia, A Peneira e os demais medios que pecharon seguirían saíndo á rúa se contaran coas mesmas axudas que Feixó e a Xunta PPepeteira concecen a LVG.

Nin deixo de pensar que o peche de LVG redundará nun notábel incremento na calidade de vida política deste país. Un feixe de mentiras menos. Menos unha fonte de manipulación informativa. Menos veleno. Menos cizaña. Síntoo polos bos profesionais que se ven/verán afectados, moito, por iso, por seren profesionais e xentes de ben.

En casos como este habería que pedir responsabilidades penais aos donos. É seu e fan o que lles peta, teoría dos conservadores e capitalistas. Pois non. Eu son libre de ter armas de fogo, absolutamente, mais son responsábel do que fago con elas, e se fago algo malo terei que pagalo. Cumpríanos ser máis islandeses, tomar exemplo.

La Voz de Galicia é unha gran mentira. Fachendeo ( en todos os sentidos) e máis nada. Como se pode entender que LVG, distribuída nas catro provincias, implantada nas catro provincias, non chegue a vender sequera o duplo de Faro de Vigo, só de Pontevedra ?

Unha gran mentira.

Mentres, así as cousas, canto antes peche máis cartos aforraremos. E non está a vida para andar tirando cartos…

Chegará o día en que os media “cobren” segundo o índice de veracidade ou non manipulación das súas informacións?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.