ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

pola póla da decencia…

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 24 Xaneiro 2012 @ 6:44 p.m.

No país daquela póla da árbore, contan que de cando en vez celebraban eleccións para poder dicir que alí había tanta democracia coma en claquera outra. E dise dun caso moi concreto que gora quero contarlles.

Logo dunha desas ceriomonias que chaman de renovación do sistema, a máxima autororidade electa deu en precarizar as condicións de traballo dos varrendeiros esixíndolles que esmeraran o seu labor diante das casas dos potentados, pois unha asociación denominada Galicia Bilingue queixábase  que como podía ser que que diante das súas moradas non estivese máis limpo que nas rúas arrabaldeiras. O de menos, neste momento, é expoñer como, diante de determinadas casas, estes profesionais debían mudar de artefacto varredor, ou inclusive dicir que, non fora ser, se lles esixiu un estrito cumprimento horario da fracción temporal que, feitas as contas, tocaba á residencial urbanización.

Créanme, o de menos e contar como esta decisión influiu na saúde mediomabiental e na convivencia no páis daquela póla da árbore. Porque, como calquera outra, está a vivir unha crise económica fonda na que os dirixentes non saben actuar se non é recurtando dereitos e incremementando deberes traballadores como se así fora aumentar a produtividade. Porque o que non quero deixar de relatarlles é como, nesta situación, o xornal voceiro extraoficial do organismo gobernante, La Voz de la Póla, está a informar. É hoxe o día no que lin información segundo a cal a Consellería se inhibe da problemática que ela mesma creou. Porque ha de saberse que antes das actuacións desa consellería non existía tal problemática.

No podo rematar sen consignar aquí a indignación que isto está a producir nos cidadánas poleiros. E, confidencialmente, asegúrolles que se están a preguntar que sentido ten que La Voz dela Póla, continúe a se distribuír, gratuitamente / pagada con cartos públicos por cada un dos chiringuitos e dependencias do órngano gobernante e tamén en bares e festas gastronómicas e outros eventos e, áinda máis, nos centros educativos, sendo que a tal publicación atenta contra a moral ao incluír unha pornográfica sección de contactos ou relax ou como queiran chamarlle.

E direilles, outrotamén, que escollín  contarlles isto a modo de fábula neneira, por se así o Conselleiro competente igual dá pillado a mensaxe, que eu ben sei que o emisor debe axeitar a mensaxe ao receptor se quere ser comprendido.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.