ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

o desacougo de Fran e a bomba cultural

Non é para menos. Aquí, padecendo a beatificación da realeza, mentres fóa se le algo ben distinto. Nin é o único.  Veño de rematar a crítica de Crac, e é boa testemuña do que escribo. Que foi rematar a crítica e  poñerme a petiscar no Transición de Fran Alonso. Só lin petiscos, o suficiente para que non me descanse o corpo até lelo enteiro. Lelo e escoitalo, pois canda o poemario vén un cd.

Anuncia Fran que este é un poemario de transición, na súa particular persecución por atopar novos vieiros a súa expresión literaria. Todavía descoñezo até que extremo os atopou ou simplemente até que extremo este Transición, no que se recolle o que habitualmente se denomina poesía dispersa ( por publicacións e foros de varia índole), até que exttremo é camiño nesa procura.

En todo caso reconfórtame esa procura de Fran, ese desacougo sinónimo de vida, de vida intelixente fronte á despersonalización, fronte á banalización impulsada desde o poder, desde o poder da Xunta ( de Galicia cada vez menos ), ese roubo, ese latrocinio legalizado ou escudado nunha vitoria electoral e amparado no silencio duns medios de comunicación perversos e secuaces pois directa ou indirectamente son teledirixidos desde o eixo nazi San Caetano-Madrid.

E, con permiso da tendinite, quero engadir que a cultura galega é demasiado grande ( e para eles, San Caetano-Madrid, descoñecida) e non poderán, non poderán, téñoo claro. Queda unha cousa: facérllela estoupar nos narices. E para iso tamén cómpres ti.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Non hai comentarios »

Aínda non hai comentarios.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI

Deixa un comentario

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

(obrigatorio)

(obrigatorio)


Olark Livehelp