ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

ananos na terra da impunidade

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 9 Febreiro 2012 @ 9:09 p.m.

Non hai dúbida de que se está aproducir unha involución social tremenda. Os valores de xustiza e liberdade polos que loitou, entre outras, a miña xeración, están sendo tolleitos dun xeito absolutamente vergoñento para unha sociedade que se queira chamar democrática. Só dous botóns de mostra.

As homenaxes, en nome de rúas co seu nome, a Fraga, nas que participa activamente o BNG cando as fai posíbeis, acoutan o alcance da revisión da Memoria Histórica até deixalo nun chiste macabro. E era a única posibilidade de que as vítimas do franquismo acadaran algún tipo de xustiza ou reparación…E hai tantas! Porque en realidade somos vítimas todas as persoas de ben e bon corazón. Todos os que aturamos que se denominara Juan Canalejo o principal hospital coruñés, Juan Canalejo…cantos asasinatos, vexacións físicas e morais, roubos e demais tinxirán a alma que nunca tivo este indivíduo? Pois velaí teñenos seus méritos para tan alto honor, que outros non soubo colleitar…

A isto vén engadirse a sentenza mediante a cal os xuíces de desfán de Garzón. Primeiro deron oídos a unha denuncia plantexada por Manos Limpias, un tubérculo ultadereitista ben coñecido. E, despois, non dubidaron nin medio segundo en desfacerse do único que lle botou collóns e tratou de enmendar, no posíbel, unha transición que en realidade só foi unha baixada de pantalóns diante dos poderes (fácticos e non só fácticos) que mantiveran vivo o franquismo.

Logo disto, a impunidade do totalitarismo, a impunidade do herdeiros do franquismo, nucleados a redor do PP, ameaza con facernos a vida imposíbel a todos os que temos o corazón puro e pensamos que palabras como liberdade e dignidade e xustiza deben rexer calquera sociedade demócrata, igualitaria e libre.

E xa non temos nin o BNG. Teremos EI?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.