mentres vén o futuro
Mentres pasa o tempo, que non me dá pasado, en que as condicións físicas me reducen a actividade á minima expresión, e o frío siberiano invade todo menos os corazóns, dou en cavilar en a Ferradura cópiame os pensamentos.
Que, e xa virán despois comentristas e politólogos sobre o asunto, á vista da trascencencia deste domingo, ben pode ser que o BNG sobreviva en pouco a A Nosa Terra. Agora, porque agora é preciso mais sempre lle cumpriu ao BNG, e sobre todo á UPG, esta análise chegas o momento de reflexionar, de voltar a vista atrás tratando de adiviñar cando o BNG deixou de ilusionar a xente. Ilusionar, palabra clave. Transmitir ilusión por un proxecto nacional, que son os únicos que o poden facer pois nin a PP nin a PSOE lles preocupa tal cousa a non ser para entorpecela.
E necesitámola, moito, a ilusión. Porque sempre é necesaria, é o motor da vida.
E nada hai que máis ilusión cree que unha nova vida. Porque a vida é como a ilusión, hai que axudala a medrar, non controlarlle politicamente as as que lle elevan o voo, abonda con que non equivoque o destino.
2 Comentarios »
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
2012-02-13 @ 2.24 a.m.
Gran triunfo do PP…. O grande «inimigo»…
Iso é o que temos que ter claro… quen bate contra Galiza!!!
Perder a perspectiva é malo!
2012-02-14 @ 7.34 p.m.
É cousa de ver os esforzos dos púlpitos ultradereitistas para meterse, criticar, desprestixiar o proceso de escisión no BNG. Son os dos cartos, os da jet society…e nin estilo teñen!