ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

a día de hoxe, razóns para a esperanza

Filed under: POLÍTICA, SOCIEDADE, CULTURA — 13 Febreiro 2012 @ 6:43 p.m.

-porque, malia que onte o árbitro nos furtou dous puntos no Sangoñedo, xogóuselle de ti ao todopoderoso Compostela, sen medo e con fútbol nas botas. Queda agora, que os nosos crean que ese nivel de onte non é unha expcepción.

-porque a tendinite amólame menos e a boca comeza a regularizarse na normalidade. Xa empezo a soñar con recuperar a actividade normal, e tárdame.

-porque, por fin, está en marcha un proxecto nacional de reconstrución da esquerda política. E é moi importante, moito, para Galiza, por razóns obvias á altaneira ineficacia gubernamental do PP acompañada dun antigagaleguismo de cínica cómic esperpéntico, e para o resto do mundo, tan perdidiño, tan perdidiño, tan perdidiño e entregadiño ás gadoupas do capitalismo que infunde tenrura…

-porque eu, que cantei tantas veces aquilo de “aquí se ve aquí está a xente/forza/razón do BNG”, digo adeus con mágoa, con moita mágoa, malia todo, mais agora non será unicamente a voz do BNG a que defenda os intereses de Galiza e o número equipárase ao dous do PP/PSOE

-porque Santiago Rey y Cierra España anda desesperado. Veloaí pedindo máis cartos  a Feixó, que todos sabemos que desde que el pillou a mandamasía de LVG a cousa vai a pique, e moi desesperado debe andar para ser tan transparente. Iso si, a desesperación non o leva a evitar a roña mentireira, que lle sae do fondo máis fondo…

-porque estou lendo unha novela dunha “tenrura” moi desacostumada no día de hoxe. Explicaríase mellor en colección LIX, e aínda así custaría traballo…

-porque entrei a traballar con -9 graos e sigo tendo fe na mocidade…

-porque mentres haxa moz@s aos que explicarlles que a poesía está en todos lados sobrelévase mellor ter un tipo na Xunta que non atura media hostia poética, nin media hostia dialéctica, porque só sabe de chulería matonil e tratar os demais como nenos. Un tipo así de inculto e de corazón roído pola envexa e a mala lei, fica co cu ao ar diante da poesía, que por moita actitude de matón de discoteca que gaste non lle queda outra que recoñecerse meniño aparvado…

-porque, haber hai moitas máis razóns e ti, que les, podes e debes anotar cantas máis mellor. Quero porén, rematar así. Pois despois do que veño de dicir haberá quen poña en dúbida o valor económico da cultura?

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.