ferradura en tránsito

Xuro que loitarei para que a miña lingua alcance o máis amplo uso social, dentro e fóra da miña comunidade, e obteña a máxima difusión e recoñecemento en todos os ámbitos sociais.(Noeli Pocaterra)

non parar

Se lle tiramos as 100 primeiras páxinas, a novela mellora moito, capta mellor a atención do lector, non é tan “tenra” narrativamente falando e mesmo puidera dicirse que deixa o discurso pro-burgués, todo iso é ben visíbel na narración e non só iso senón que afecta e non pouco ás personaxes, a súa configuración psicolóxica, as relacións que se establecen entre elas…e, en definitiva, habilita unha lectura horizontal que dinamice e pase por riba de todo iso.

Naturalmente tamén representa un reto crítico. A ninguén lle apetece falar mal dun libro galego, co que temos enriba, e non hai libro que non teña o seu nicho de lectorado. Fun mirando as críticas doutros colegas e teño que rematar a novela para formalizar a opinión ao cento por cento. Lamentarei, seguro, que este primeiro terzo da novela sexa máis doadamente explicábel hai trinta anos ca hoxe. Porque os dous terzos restantes non van facer esquecer iso.

Tampouco deixo de cavilar no paraleleismo entre  a vida real e ficción, neste caso entre esa novela e a escisión do BNG, unha escición que non se tería producido de non ser polo férreo control exercido sobre a militancia ante o medo de que esta tome carreiros propios ou non controlados pola xunta xeral de correctores ideolóxicos. É unha maneira de falar, xa, mais dalgunha maneira transparenta a ilusión que aniña en min. O BNG perdeu unha boa oportinidade de pasar pola dereita a PP e PSOE, converterse nun partido político moderno e útil ao pobo…na súa tentativa de igualarse tanto a PP como a PSOE, referentes da concepción de partido político que, directa ou indirectamente, lles opera. Triste, eles tiveron esa oportunidade, e nin PP nin PSOE a cheiraron nin  a cheirarán aínda que llela poñan diante, só se miran o embigo. Tivérona e fóilles advertido.

O que cómpre, agora, é non perder tempo. Hai que chegar en condicións ás vindeiras autonómicas. E xogar o efecto sorpresa, o efecto “novidade”, que sempre no electorado pesa moito, e maís neste contexto de crise económica, social, cultural e política. Vamos, por moito que guste a novela, hai tirar para adiante, sempre con vista no obxectivo final.

De feito resulta esperpéntico ou patético ver/escoitar/ler como os púlpitos da dereita tentan meterse con este proceso de escisión. Nin quixeron nin souberon comprender o nacionalismo, e agora están en bragas enos seus ataques só saben referirse ao pasado…

Porén o futuro está aí. E Escocia terá o seu referéndum. E despois irán Catalunya e Euskadi, habémolo ver e sociedade política española quedará co cu ao ar da súa intransixencia e moitos galegos decataranse do erro de querer seguir sendo escravos de Madrid, o erro das cen primeiras páxinas.

Non hai comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.