Luís Rei Rúñez, os tempos modernos e a xente ruín
Vivimos tempos nos que os bancos causan unha crise económica, os que a pagamos somos as xentes de a pé e por riba os banqueiros non van ao cárcere ou son penalizados por malos xestores. Non. Danlles cartos, por riba, prémianos.
Vivimos tempos nos que o presi xunteiro presume de lexislar por un monte moderno, que sexa fonte de riqueza e non de problemas. Di, e aproveita para tirar contra o minifundio. Coma un progre inculto máis, tira precisamente contra aquilo que nos permite sobrelevar a crise mellor que outros, que temos terra e é de noso e produce para nós e non para Mercadonna ou El Corte Inglés.
Vivimos tempos nos que desde a Xunta presumen de que seguiremos recibindo cartos europeos deica o 2020. E din que pola boa xetión! Serán imbéciles e escuros! Se a xestión tivera sido boa non se precisarían cartos europeos nin moito menos!
Podería comentar moitas máis noticias deste estilo, no que a actualidade trae abondos exemplos, coma se na política se perdera a razón por completo. Por exemplo, esa de que o BNG pide explicacións e as actas de concelleiro da xente de Teo que se pasou ao Encontro Irmandiño e deciden que o BNG non os represnta…Porén seguen dando a calada por resposta a que un alcalde e dous concelleiros permitan rúa a homenaxe a Fraga Iribarne nun concello que goberna o BNG, coma se eles non tiveran responsabilidade no que fan os seus alcaldes.
Mais quero escribir tamén sobre Luís Rei Núñez. Acabo de encetar a súa última novela. Luís Rei é xente que ten enfrontado retos narrativos de moito fuste, lembremos Montelouro ou O señor Lugrís. E esta parece máis modesta. E nin moito menos é así. A veciñanza entre realidade e ficción faina especialmente atraente, establece un xogo espectacular, significativo e arriscado. Na miña opinión quizá sexa o proxecto narrativo máis arriscado deste autor. Veremos se non se torce.
E, nestas, un colega e amigo chámame a atención sobre este artigo, este feito da marxinación da AELGA na homenaxe a Celso Emilio Ferreiro. Isto é o que entende o PP por responsabilidade, coherencia e respecto institucional, entenderon, señores do BNG? Non só é propia, esta actitude, de xente ruín, moi ruín e desalmada, senón de auténticos INCULTOS. Incultos que, comproben teñen dúbidas, están enfrontados á cultura galega en bloque, nin se levan cos escritores, nin cos editores, nin cos lectores, nin cos dinamizadores… ( E, tamén nestas, escoito falar ao Fasero, outro alucinado, dicindo que o sector audiovisual se salva por que se soubo globalizar, exportarse…contrasten!, contrasten!)
Ruíns, moi ruíns. E INCULTOS!
1 comentario »
Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URI
Deixa un comentario
Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
2012-02-24 @ 10.46 a.m.
[...] crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha anotación onde anuncia o seu interese por Cita en Fisterra, de Luís Rei Núñez. [...]